Este ciclo de cine luso-galego ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e o norte de Portugal. A primeira edición, centrada fundamentalmente no cine galego e de fronteira, celébrase na cidade de Braga onde se localiza o Centro de Estudos Galegos, un dos colaboradores do mesmo e promotores iniciais da iniciativa. Para tal fin, e coa vontade de estabelecer lazos que conecten ambas realidades, escollemos tres fíos conductores, interrelacionados entre si, que remiten a temáticas transversais e, polo tanto, que procuran unha difusión de amplo espectro da actividade que entronca con diferentes aspectos que son de plena actualidade e preocupación social: a situación social das mulleres, as sociedades rurais, o seu empoderamento e a súa relación co patrimonio.
Propoñemos un ciclo estruturado en tres xornadas nas que se proxecte un ou varios materiais audiovisuais, seguidos dun debate-coloquio no que se contará coa participación dos directores ou directoras, o público e unha figura representativa de algunha das institucións organizadoras. As institucións implicadas son Universidade do Minho (UMinho), a través da Vicerrectoría da Cultura e Sociedade e o Centro de Estudos Galegos, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Xoves, 3 de maio de 2018
MULLERES
21:30 horas
Inauguración da actividade
22:00 horas
Sesión de cinema
Matria (2017) de Álvaro Gago
As vacas de Wisconsi (2016) de Sara Traba
22:45 horas
Coloquio con María Xosé Porteiro, Carla Cerqueira, Álvaro Gago e Sara Traba
Xoves, 10 de maio de 2018
PATRIMONIOS
21:30 horas
Sesión de cinema
As pedras de San Lourenzo (2016) de Manuel Gago
Mulleres da Raia (2009) de Diana Gonçalves
22:45 horas
Coloquio con Luis Fernando Oliveira Fontes, Beli Martínez, Manuel Gago, Xurxo Ayán, Diana Gonçalves
Xoves, 17 de maio de 2018
SOCIEDADE
21:30 horas
Sesión de cinema
Arraianos (2012) de Eloy Enciso
22:45 horas
Coloquio con Cristina Sánchez-Carretero, Isabel Moreira Macedo
e Eloy Enciso