A internacionalización do libro galego

Mércores, 26 de setembro de 2018
Temáticas: Literatura |
Información

O futuro do libro galego pasa pola súa proxección exterior. Un sistema literario coma o noso, dotado dunha contrastada e premiada calidade, e cunha variedade —ou “biodiversidade”— manifesta, en xéneros, temáticas e formatos editoriais, debe procurar a exportación dos contidos e dialogar dun xeito bilateral con outras culturas. 

Velaquí a orixe desta xornada de internacionalización do libro galego. Está dirixida ás empresas editoras que desexen iniciar ou afondar no proceso de proxección exterior e de comercialización.

O obxectivo do encontro é duplo: por unha banda, adquirir información sobre as oportunidades de negocio no exterior a través das principais feiras internacionais e das experiencias de éxito dos gremios e editoras; por outra, establecer contactos con destacados representantes das feiras internacionais do libro coa finalidade de iniciar o proceso de internacionalización.

Para isto, contamos con representantes dalgunhas desas feiras profesionais máis importantes, como son a Frankfurt Book Fair ou o Liber. Participan, así mesmo, as empresas galegas que manteñen presenza internacional e un modelo de negocio tamén fóra do noso país. Canda elas, achegan a súa experiencia representantes da Associació d’Editors en Llengua Catalana ou Flanders Literature.

Un programa, en fin, condensado en dúas sesións e unha soa xornada, organizada pola Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación de Xosé Ballesteros, presidente da Asociación Galega de Editoras.

Ficha técnica
A internacionalización do libro galego
A internacionalización do libro galego
Xornada. Mércores, 26 de setembro de 2018
Coordinación
Xosé Ballesteros
Colabora
Asociación Galega de Editoras
Asociación Galega de Editoras

Organiza
Comisión de Acción Exterior (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Inauguración
Rosario Álvarez Blanco
Anxo M. Lorenzo Suárez
Modera
Henrique Alvarellos Casas
Miguel Toval
Relator/a
Xosé Ballesteros
Carlos del Pulgar
Ilya Pérdigo
Laura Rodríguez Herrera
Dolores Tobío Barreira
Koen Van Bockstal