Mercedes Goicoa

Xornada. De pioneiras e andainas

Mercedes Goicoa

Músicas, para vivir

Xoves, 25 de outubro de 2018
Santiago de Compostela
Xornada
De pioneiras e andainas

Mercedes Goicoa

Músicas, para vivir

Xoves, 25 de outubro de 2018 Santiago de Compostela

Na cultura popular galega, a expresión "dar trela" alude á confianza que unha persoa outorga a outra para falar abundante e libremente.


Concertista de piano, crítica musical, docente, arquiveira..., Mercedes Goicoa (A Coruña, 1928) soubo dar trela ao seu tempo e talento para que estes tamén lle proporcionasen a experiencia, o autocoñecemento, o legado, o medio de vida.  A perseveranza no oficio da música levouna desde a súa cidade natal da Coruña a Madrid ou París; de recibir ensinanzas doutras músicas como Pilar Castillo Sánchez ou a súa tía Honoria Goicoa a compartir escena e formación con tan eminentes nomes como José Cubiles ou Lazare Lévy; das clases de piano que ofreceu a un numerosísimo alumnado á presidencia da Real Academia Galega de Belas Artes, sendo a primeira muller no Estado español en poñerse á fronte dunha Real Academia.


Quen interpreta un tempo, e non unicamente o executa, deixa unha porta aberta que nunca máis se volve pechar. A través da interpretación, a composición ou a produción, as profesionais da música de Galicia aprendemos a vivir conscientes do legado que como mulleres recollemos e achegamos para as seguintes xeracións. Desde a música, as músicas demos e damos trela ao presente para que este fale e viva, para que nós e as seguintes poidamos seguir falando e vivindo dela.

Ficha técnica
Xornada.
De pioneiras e andainas
Mercedes Goicoa
Músicas, para vivir
Data
Xoves, 25 de outubro de 2018
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
María Xosé Porteiro García
Alba María Rodríguez Díaz
Autoría
Maruxa Baliñas
Federico Mosquera
Uxía Senlle
Inauguración
Rosario Álvarez
Modera
Xosé Ramón Pousa
Manuel Quintana Martelo
Relator/a
Belén Bermejo
Ángeles Feixoó
Mariám Mariño Costales
Lucía Martínez
Mónica de Nut
Laura Quintillán
Nanina Santos
Maximino Zumalave Caneda
Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Organiza
Comisión de Igualdade (CCG)