Escritoras no alén mar

Coloquio. Conversas Transatlánticas

Escritoras no alén mar

Xoves, 13 de setembro de 2018, ás 17:00 horas
Santiago de Compostela
Coloquio
Conversas Transatlánticas

Escritoras no alén mar

Xoves, 13 de setembro de 2018, ás 17:00 horas Santiago de Compostela

Nos douscentos anos que Galicia leva tendendo pontes transatlánticas, as letras tamén migraron e as literatas materializaron, nas súas vidas e nas súas obras, un modelo de mestizaxe artística e identitaria. O Consello da Cultura Galega ofrece un punto de encontro idóneo para que a conversa flúa, as opinións se contrasten, as ideas medren e os lazos se reafirmen, recuperando a experiencia de xuntar un grupo de ilustres compatriotas, hoxe todas mulleres, arredor desta mesa común para saber como pensan, que senten, como nos ven e como se ven, e, sobre todo, como imaxinan o futuro desexábel. Galicia, periferia da periferia europea, comezo e fin do vello continente, limita ao oeste con terras americanas. O océano non supuxo unha fronteira, senón a ponte perfecta para que mulleres e homes de ambas as beiras se atopasen e xermolase un xeito propio de ser e de sentírmonos de aquí e de alá. Ninguén dixo que fose doado, pero o resultado foi, en moitos casos, admirábel.


Conversaremos con María Rosa Lojo, Mirta Yáñez e Inma López Silva sobre o galego, a literatura, as migracións, a globalización, o que se espera das e dos que estamos na beira de aquí, e o que se está en disposición de facer por parte daquelas e daqueles que están na beira do alén mar.


ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao coloquio.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica
Coloquio.
Conversas Transatlánticas
Escritoras no alén mar
Cando
Xoves, 13 de setembro de 2018, ás 17:00 horas
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Modera
Xosé M. Núñez Seixas
María Xosé Porteiro García
Relator/a
María Rosa Lojo
Inmaculada López Silva
Mirta Yáñez
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Comisión de Igualdade (CCG)