obradoiro

Obradoiro de ferramentas avanzadas para a difusión web do patrimonio

Luns, 12 de novembro de 2018
Compartir:
Información

A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega propón conmemorar o Día Internacional do Patrimonio Mundial (16 de novembro) e convida aos arquivos, bibliotecas e museos de Galicia a celebrar de forma conxunta a Semana do patrimonio moble  (12 ao 18 de novembro) con diversas accións que contribúan a dar visibilidade ao patrimonio que custodian e á propia función social que desenvolven. Ademais da campaña de difusión da “peza do ano” que xa coñece, pon en marcha un obradoiro formativo a cargo de profesionais de recoñecido prestixio que procuran dar a coñecer como a tecnoloxía pode axudar a difundir o patrimonio.

OBRADOIRO DE FERRAMENTAS AVANZADAS PARA A DIFUSIÓN WEB DO PATRIMONIO
Día: Luns, 12 de novembro de 2018
Lugar: Facultade de Xeografía e Historia. Santiago de Compostela
Horario: 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 17.00 horas
Profesor: Fernando Juárez Urquijo (Biblioteca Municipal de Muzquiz) 
Breve achega curricular do docente Fernando Juárez Urquijo
Fernando Juárez Urquijo é licenciado en Xeografía e Historia, Diplomado en Arqueoloxía pola Escola Práctica da Arqueoloxía do País Vasco pola Universidade de Deusto (1988) e mestrado en documentación dixital (Universidad Pompeu Fabra, 2006). Bibliotecario municipal (da súa vila, Muskiz) desde 1988; foi responsable do Departamento de Euskera (1992-2002) e desde 2008 xestiona o web institucional do concello. Como bibliotecario municipal promove proxectos colaborativos con outras bibliotecas públicas: foi un dos impulsores de UDALBIB (lista de distribución dos bibliotecarios públicos vascos), creador de Bateginik (boletín de novidades bibliográficas vía web) e membro da comunidade de prácticas Web social para profesionais da información impulsada polo SEDIC. Mantén xunto a Natalia Arroyo e Jose Antonio Merlo a 3º edición de Biblioblog. A web da biblioteca de Muskiz (http://www.muskiz-liburutegia.org/) é un referente no ámbito bibliotecario polas súas innovacións na utilización de ferramentas de web social.

 

Ficha técnica
Obradoiro de ferramentas avanzadas para a difusión web do patrimonio
Obradoiro de ferramentas avanzadas para a difusión web do patrimonio
Obradoiro. Luns, 12 de novembro de 2018

Aula de Informática
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade s/n
15705 Santiago de Compostela