Simposio ILG 2018: Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica

Simposio

Simposio ILG 2018: Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica

Facultade de Filoloxía da USC - 12-14 de novembro
Santiago de Compostela
Simposio

Simposio ILG 2018: Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica

Facultade de Filoloxía da USC - 12-14 de novembro Santiago de Compostela

No mundo existen na actualidade ó redor de 6000 linguas que son faladas en 194 países. En consecuencia, resulta obrigado concluír que a situación de linguas en contacto é inevitable e unha constante na historia e evolución das variedades lingüísticas. Neste sentido, a situación do galego, e a doutras linguas peninsulares, non é nin singular nin extraordinaria. Sen irmos máis lonxe, na Península Ibérica dáse contacto entre o asturiano e o castelán, entre o castelán e o portugués, entre o mirandés e o portugués, entre o vasco e o español, e tamén, amais doutros moitos casos, entre estas linguas e os distintos idiomas de inmigración. O contacto tamén se observa no interior das linguas, dado que os idiomas vivos son un conxunto de variedades sociais, xeográficas, etarias etc. en convivencia e intercambio continuo. As situacións de contacto, as súas causas e consecuencias, poden ser analizadas desde moitas perspectivas (social, lingüística, etnográfica, histórica, psicolingüística etc.).


Neste simposio pretendemos mostrar posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que nos son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular. Os conferenciantes convidados mostrarán de que xeito se pode abordar a descrición e análise desta constante na historia lingüística da humanidade.

Ficha técnica
Simposio.
Simposio ILG 2018: Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica
Data
Facultade de Filoloxía da USC - 12-14 de novembro
Lugar

LUGAR
Facultade de Filoloxía da USC
Salón de Graos  
Avda. Castelao, s/n, Campus Norte
Santiago de Compostela