presentación

Presentación do CD José Arriola. Orchestral Music

Rolda de prensa

Auditorio de Galicia, mércores 21 de novembro de 2018 ás 12:00 horas
Compartir:
Información

A Real Filharmonía de Galicia presenta mañá mércores, 21 de novembro, o seu último disco: José Arriola. Orchestral Music, con obras inéditas do compositor galego, ás 12:00 horas no Auditorio de Galicia. É o resultado dun proxecto de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega, que se iniciou en 2010 coa gravación no Auditorio de Galicia dun dobre CD, que sae agora á luz da man do selo discográfico Brilliant Classics. No acto de presentación estarán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o mestre Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia e responsable tamén da dirección do disco.

Este dobre CD é unha homenaxe ao betanceiro José Arriola (1895-1954), o compositor galego máis universal do seu tempo e un dos máis relevantes dentro do panorama nacional, coñecido como o “Mozart galego” debido ás súas precoces composicións.

Datos da rolda de prensa

Data: 21 de novembro de 2018, ás 12:00 horas

Lugar: Auditorio de Galicia (sala circular)

Asisten:

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega

Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago

Maximino Zumalave, director asociado da RFG

Ficha técnica
Presentación do CD <k>José Arriola. Orchestral Music</k>
Presentación do CD José Arriola. Orchestral Music
Presentación. Auditorio de Galicia, mércores 21 de novembro de 2018 ás 12:00 horas

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205