LLUÍS BASSETS

Ciclo. Pensarmos

LLUÍS BASSETS

Fascismos dixitais

Xoves, 28 de febreiro de 2019 ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
Ciclo
Pensarmos

LLUÍS BASSETS

Fascismos dixitais

Xoves, 28 de febreiro de 2019 ás 18:00 horas Santiago de Compostela

Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa. A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas  ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes. Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. 


Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio  a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.  Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas.


Durante o ano 2019 cada cuarto xoves de mes o ciclo Pensarmos ofreceranos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo. 


• 28 febrero: Lluís Bassets 


• 28 marzo: Gareth Williams 


• 25 abril:  Remedios Zafra 


• 23 maio: António Cunha 


• 27 xuño: Margarita Boladeras Cucurella

Ficha técnica
Ciclo.
Pensarmos
LLUÍS BASSETS
Fascismos dixitais
Data
Xoves, 28 de febreiro de 2019 ás 18:00 horas
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
Inauguración
Rosario Álvarez
Relator/a
Lluís Bassets
Francisco Castro Veloso
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)