O Instituto Cervantes de Nova York acolle a mesa redonda titulada "Galician Immigration in New York. History and Memory" na que participan:
-James Fernández, NEW YORK UNIVERSITY (NYU)
-Alex Alonso, BROOKLYN COLLEGE, CITY UNIVERSITY OF NEW YORK (CUNY)
-Xosé M. Núñez Seixas, UNIVERSITY OF SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC)
- Alberto Avendaño, PRESIDENTE DE LATINO IMPACT MEDIA
Esta actividade intégrase dentro dunha programación paralalela que complementa a exposición Os adeuses no Museo de Ellis Island.
Actividades relacionadas: mesas redondas
Spanish Galician Immigration in the Context of European
Immigration in the Americas
FEB. 12 | 6:00 PM | BARNARD COLLEGE, COLUMBIA UNIVERSITY
Historical Memory in present-day Galicia
MAR. 12 | 7:00 PM | INSTITUTO CERVANTES OF NEW YORK
Galician Culture: Past, Present, Future
MAR. 13 | 6:00 PM | GRADUATE CENTER, CITY UNIVERSITY OF NEW YORK
A exposición
O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través do CGAI, reúnen nesta mostra, comisariada por José Caruncho, unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo, en Galicia.
A exposición abrangue tres áreas diferenciadas: A Ida, A Volta e O Buque Santa María (que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación [DRIL] en xaneiro de 1961).