O Barnard College da Columbia University acolle a segunda mesa redonda titulada "Spanish Galician Immigration in the Context of European Immigration in the Americas". Nela participan:
Xosé M. Núñez Seixas, UNIVERSITY OF SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC)
José Moya, BARNARD COLLEGE, COLUMBIA UNIVERSITY
Alex Alonso, BROOKLYN COLLEGE, CITY UNIVERSITY OF NEW YORK (CUNY)
Esta actividade intégrase dentro dunha programación paralalela que complementa a exposición "Os adeuses" no Museo de Ellis Island.
Actividades relacionadas: mesas redondas
Galician Immigration in New York. History and Memory
FEB. 11 | 7:00 PM | INSTITUTO CERVANTES OF NEW YORK
Historical Memory in present-day Galicia
MAR. 12 | 7:00 PM | INSTITUTO CERVANTES OF NEW YORK
Galician Culture: Past, Present, Future
MAR. 13 | 6:00 PM | GRADUATE CENTER, CITY UNIVERSITY OF NEW YORK
A exposición
O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través do CGAI, reúnen nesta mostra, comisariada por José Caruncho, unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo, en Galicia.
A exposición abrangue tres áreas diferenciadas: A Ida, A Volta e O Buque Santa María (que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación [DRIL] en xaneiro de 1961).