As benvidas

Exposición. As benvidas

As benvidas

La Nacional, Nova York, do 16 de abril ao 15 de maio de 2019
Nova York
Exposición
As benvidas

As benvidas

La Nacional, Nova York, do 16 de abril ao 15 de maio de 2019 Nova York

 


As benvidas / The Welcomes / Las bienvenidas, unha mostra de fotografías de inmigrantes españois (galegos) de principios do século XX en Nova York.


A mostra inaugúrase o día 16 de abril ás 18:30 horas na sede de La Nacional-Spanish Benevolent Society. Coa presenza de María Xosé Porteiro, membro da comisión executiva do Consello da Cultura Galega, os dous comisarios James Fernández e Luis Argeo. 


 


EXPOSICIÓN


“Terra dos adeuses”: así describiu algunha vez o gran xeógrafo e intelectual Ramón Otero


Pedrayo a Galicia. Durante séculos, miles de campesiños e traballadores despedíronse dos seus seres queridos nos portos de Galicia, para saír en busca de oportunidades, moitas veces cruzando o Atlántico. Foron tantos os galegos que atravesaron este océano que en moitas rexións da América hispanofalante o termo “gallego” úsase para se referir a todos os españois, nacesen ou non en Galicia. A impresionante mostra de fotografías de Alberto Martí “Os adeuses/Los adioses”, agora exposta en Ellis Island, documenta estas dolorosas escenas de despedida tan emblemáticas da cultura e historia galegas. “Terra de benvidas” foi, durante gran parte da súa historia, un epíteto axeitado para os Estados Unidos, nación de inmigrantes. As palabras que Emma Lazarus, no seu famoso soneto, pon nos beizos da Estatua da Liberdade poderían ser dirixidas directamente ás masas apiñadas nos portos da Coruña, Vigo ou Ribadeo: “Entregádeme aos vosos fatigados, aos vosos miserables, ás vosas masas acachoupadas que arelan respirar con liberdade”. Malia que a maioría de galegos emigraron a países como Arxentina, Brasil, Cuba ou Uruguai, miles deles tamén acabaron por asentarse nos Estados Unidos, moitas veces case á sombra da Estatua da Liberdade.


“As benvidas” é unha exposición comisariada por James D. Fernández e Luis Argeo, que investiron case dez anos dixitalizando os arquivos familiares de españois emigrados a EE.UU.


En diálogo con “Os adeuses”, que resalta o sabor agridoce das partidas, “As benvidas” documenta e celebra as amargas alegrías das chegadas. Axúdanos a imaxinar a outra cara da historia que contan as fotos de Martí. Porque o que en “Os adeuses” parece un punto final, transmútase en “As Benvidas” nun novo comezo.


Imaxinemos: Que consellos oían entre saloucos os que se despedían en Galicia para probar sorte en Nova York?


 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

La Nacional – Spanish Benevolent Society
239 W 14 th St, New York


Aberto de luns a venres de 9 a 15 horas, fins de semana e noites, previa cita.

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Exposición.
As benvidas
As benvidas
Cando
La Nacional, Nova York, do 16 de abril ao 15 de maio de 2019
Onde
Nova York
Enderezo

La Nacional – Spanish Benevolent Society
239 W 14 th St, New York


Aberto de luns a venres de 9 a 15 horas, fins de semana e noites, previa cita.

Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)