congreso

Conferencia anual 50 aniversario. Group for the study of Irish Historic Settlement

9, 10 e 11 de maio de 2019
Información

O Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acollerá entre o 9 e o 11 de maio, o congreso co que o Group for the study of Irish Historic Settlement celebrará o seu 50º aniversario. Trátase dunha agrupación de investigadores irlandeses do ámbito histórico que decidiron desprazarse a Galicia para celebrar a data cun congreso no que se exploran os contactos e conexións entre o noso país e Irlanda ao longo da historia. Deste xeito, haberá conferencias do profesor Patrick O'Flannagan ao redor das transformacións das paisaxes irlandesas e galegas desde o século XVIII ata hoxe, César Parcero-Oubiña, sobre as paisaxes prehistóricas galegas e Geraldine Stout ao redor das necrópoles megalíticas do val do Boyne, Clíodhna Ni Líonain sobre a construción dun pasado prehistórico imaxinario común entre Irlanda e Galicia ou Elías Cueto, sobre a presenza da familia O'Sullivan en Compostela, xunto a moitos outros expertos.

A asistencia é libre e pódese consultar o programa no documento anexo.

Ficha técnica
Conferencia anual 50 aniversario. Group for the study of Irish Historic Settlement
Conferencia anual 50 aniversario. Group for the study of Irish Historic Settlement
Congreso. 9, 10 e 11 de maio de 2019

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205