PENSAR CON ORGULLO

Martes, 11 de xuño de 2019
Información

“Ao suxeito sexual non lle é accesíbel un punto de apoio externo ao dispositivo de sexualidade (nin o desexo, nin o sexo), e é só apoiándose nas normas ditadas por tal dispositivo como é posíbel opor resistencia. Actuando de forma conxunta, por exemplo, mulleres feministas e lesbianas, homes gais, persoas bisexuais, transxénero, intersexo e asexuais poden introducir colectivamente variacións nas performances de xénero que as constitúen, que darán vida a novas modalidades de recoñecemento”. 
Lorenzo Bernini

Pensar con Orgullo responde á necesidade de cuestionar os conceptos herdados e descubrir novos réximes de verdade, máis alá das fronteiras do patriarcado e as súas violencias. As contribucións das teorías queer e os estudos LGBTIQ no descubrimento e construción de novas visións do mundo sitúanse na galaxia da Filosofía como tradición crítica, como estímulo para transformar o mundo desde o pensamento. Nada tan pertinente hoxe como interrogarnos sobre os termos que permiten pensármonos. Quen somos nós neste século? Como chegamos a imaxinar a nosa sexualidade a través de conceptos como “macho”, “femia”, “home”, “muller”, “heterosexual”, “homosexual”, “transexual”, “DSD”? Cal é a relación entre a política e a sexualidade? Son os nosos corpos espazos de inscrición de xéneros mutantes? Cales son as propostas de futuro?

Estas son algunhas das preguntas que desde a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega queremos propoñervos, para un debate aberto e plural, con diferentes especialistas nos estudos queer e LGBTIQ. A xornada persegue ser un espazo de encontro para revisar conceptos e imaxinar novas formas de activismo e pensamento. Novas formas de recoñecemento e articulación do político. Animádevos a pensar con orgullo!

Materiais
Temáticas
Ficha técnica
PENSAR CON ORGULLO
PENSAR CON ORGULLO
Xornada. Martes, 11 de xuño de 2019
Coordinación
Carme Adán Villamarín
Celia Pereira Porto
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Presenta
Carmen Fernández Morante
Enrique Latorre
Laura Maletta
Cristina Palacios
Relator/a
Lorenzo Bernini
Luis Puche
Marina Sanz
Beatriz Suárez Briones