presentación

Presentación libro facsimilar Antonio Fraguas

Biblioteca do Consello da Cultura Galega, venres 10 de maio de 2019 ás 11:30 horas
Información

O Consello da Cultura presenta unha publicación facsimilar de homenaxe a Antonio Fraguas

O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta mañá, venres 10 de maio, a publicación facsimilar con motivo do Día das letras Galegas que este ano se centra na figura de Antonio Fraguas. Na convocatoria estarán presentes Rosario Álvarez, presidenta da institución, e Clodio González, autor do estudo crítico. A publicación encádrase dentro das actividades que o Consello da Cultura Galega realiza con motivo do Día das Letras Galegas. Na rolda darase conta dos traballos realizados e da súa xustificación. Ademais, tamén se presentará o Roteiro Fraguas, un itinerario de corenta paradas arredor da vida e obra de Fraguas para web e dispositivos móbiles.

Datos da rolda de prensa

Data: venres, 10 de maio de 2019, ás 11:30 horas
Lugar: Consello da Cultura Galega

Asisten:
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Clodio González, autor da biografia e comentario crítico da obra

Ficha técnica
Presentación libro facsimilar Antonio Fraguas
Presentación libro facsimilar Antonio Fraguas
Presentación. Biblioteca do Consello da Cultura Galega, venres 10 de maio de 2019 ás 11:30 horas

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205