O Consello da Cultura Galega acolle a presentación de “Sinxeleza”, a primeira publicación de Esther Sobral, a directora do Conservatorio Histórico. Trátase dun libro que recolle oito pezas para piano compostas pola intérprete e docente. Con esta publicación quere ofrecer un material que sirva para transmitir aos estudantes a necesidade de captar nas notas máis que un valor e un nome.
Participan
José Manuel Yáñez, editor
Esther Sobral, autora
Maximino Zumalave, director da Real Filharmonía de Galicia