EX.PDF: EXPOSER LES ÉCRITURES EXPOSÉES [EX.PDF: EXPOÑER AS ESCRITURAS EXPOSTAS]

Exposición. ex.pdf

EX.PDF: EXPOSER LES ÉCRITURES EXPOSÉES [EX.PDF: EXPOÑER AS ESCRITURAS EXPOSTAS]

Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019
Santiago de Compostela
Exposición
ex.pdf

EX.PDF: EXPOSER LES ÉCRITURES EXPOSÉES [EX.PDF: EXPOÑER AS ESCRITURAS EXPOSTAS]

Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019 Santiago de Compostela

Organiza: Proxecto proposto pola Maison des Sciences de l'Homme en Bretagne (MSHB), en asociación co Centre d'Études des Langues et Littératures Anciennes et Modernes (CELLAM / EA3206), sobre unha proposta de label hypothèse.


Artistas: Adrien Abline, Julie Béna, Clélia Berthier, Étienne Bossut, Nicolas Chardon, Claude Closky, Claudia Comte, Guillaume Constantin, Antonio Contador, John Cornu, Bruno Di Rosa, Peter Downsbrough, Ivan Liovik Ebel, Christelle Familiari, Michel François, Ann Guillaume & Tom Bücher, Ann Veronica Janssens, Joséphine Kaeppelin, Isabelle Lartault & Michel Verjux, Quentin Lefranc, Muriel Leray, Claude Lévêque, Jonathan Loppin, Mathieu Mercier, Grégoire Motte, Samir Mougas, Pierre la Police, Éric Pougeau, Marine Provost, Babeth Rambault, Francis Raynaud, Lili Reynaud-Dewar, Claude Rutault, Éléonore Saintagnan, Yann Sérandour, Agnès Thurnauer, Hélène Travert, Mathieu Tremblin, Capucine Vandebrouck, Philémon Vanorlé / Société Volatile, Christophe Viart.


Comisarios: Emilia García López e José Manuel Lens


A exposición EX.PDF: Exposer les écritures exposées preséntase como un proxecto que suma os ámbitos editoriais e expositivos (curatorial), para explorar as diferentes formas de escritura que se mostran no espazo público, xa sexa nun contexto urbano, xa sexa editorial, cultural ou artístico. En relación coas prácticas contemporáneas, EX.PDF componse dun conxunto de pósters ou carteis agrupados nunha carpeta de tamaño A1, da que se fixo unha tiraxe de 15 copias. Unha iniciativa que se presenta estreitamente relacionada co concepto de "faino ti" e que ten como obxectivo activar diferentes exposicións en distintos lugares onde se implica o labor de institucións e comisarios. A carpeta foi proposta e enviada a diferentes centros e entidades do ámbito europeo —desde Rennes a Santiago de Compostela, pasando por Bruxelas, Berlín ou Nîmes— para que se expoña seguindo un protocolo concreto. 


Trátase de reflexionar, entre outras cuestións, sobre os usos e significados daqueles produtos escritos que se difunden en lugares públicos, desde a análise da sociedade e como é interpelada por cantos rótulos, carteis, epígrafes, graffitis, libros ou follas voandeiras se fixan en muros, se distribúen polas rúas e prazas ou se exhiben en postos ambulantes ou en quioscos. Pero tamén observar a escritura cando se fai visible con fins diversos en distintos espazos igualmente públicos. A escritura exposta propicia un acto de comunicación cuxo sentido se ve influído polo carácter aberto e concorrente dos lugares onde se manifesta, polas distintas materialidades onde se inscribe o texto —permanentes ou efémeras— e por unha recepción que acontece normalmente en tránsito.


EX.PDF reúne corenta e unha obras presentadas como bosquexos, anacos de textos, vistas de exposicións, fotografías documentais, redaccións, graffitis, textos, documentos, etc. que revelan, ao longo das diferentes exposicións e contextos, os efectos do significado en relación coas escrituras (re)expostas. Trátase de ver como observamos e percibimos a escritura no seu diálogo co contexto público e ver como se relaciona cos diferentes espazos que visita e nos que se instala: nesta ocasión, será a biblioteca do Consello da Cultura Galega (CCG).


A carpeta, que foi enviada e exposta, entre outros lugares, na Universidade de Rennes 2, no Zwanzigquadratmeter (Berlín), en Les Brasseurs art contemporain (Liège, Bélxica), na Académie Royale des Beaux-Arts (Bruxelas), na MAINSD’ŒUVRES (Saint-Ouen, Francia), no Bn PROJECTS - Maison GREGOIRE (Bruxelas) ou no Centre d'art contemporain de Nîmes, viaxou até Galicia e foi remitida ao CCG, para ser a novena entrega expositiva deste programa e para convidar á nosa institución a participar nesta iniciativa integrándoa neste proxecto artístico e facela partícipe da súa vontade expansiva e creativa.


A carpeta, convertida en exposición, preséntase en diálogo cun espazo singular do CCG, concretamente a biblioteca, o lugar idóneo onde se fusionan os conceptos que agrupan e impulsan este proxecto: a intervención espacial, diálogo coa arquitectura, a memoria do lugar e a cómplice relación co contido cultural e, especialmente, bibliográfico. A biblioteca como lugar onde construír desde a experiencia das palabras, os libros, a lectura, a vivencia de habitar e convivir coa literatura. Cada cartel exponse sobre os propios andeis da biblioteca (sen impedir a consulta dos libros), identificándose nunha sorte de paredes ilustradas coa propia verticalidade que definen os libros, que seguen a ser os verdadeiros protagonistas. Con esta intervención realízase un recoñecemento das propias lecturas e escrituras aquí gardadas e da biblioteca como lugar representativo do CCG, tanto a nivel arquitectónico como simbólico, un espazo tamén, seguindo a narrativa tratada, de “escrituras expostas”.

Documento
IMAXES DA EXPOSICIÓN
Documento en PDF
Temáticas
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 11/6/2019
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica
Exposición.
ex.pdf
EX.PDF: EXPOSER LES ÉCRITURES EXPOSÉES [EX.PDF: EXPOÑER AS ESCRITURAS EXPOSTAS]
Data
Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205