
Exposición. ex.pdf
EXPOÑER AS EXPOSICIÓNS EXPOSTAS: MOSTRAR A CULTURA (1990-2019)
Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019Santiago de Compostela
Exposición
EXPOÑER AS EXPOSICIÓNS EXPOSTAS: MOSTRAR A CULTURA (1990-2019)
Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019 Santiago de CompostelaOrganiza: Consello da Cultura Galega
Lugar: Consello da Cultura Galega
Comisarios: Emilia García López e José Manuel Lens
Aproveitando a presenza da mostra EX.PDF: Exposer les écritures exposées nos espazos do Consello da Cultura Galega (CCG), preténdese enriquecer o seu significado nun diálogo máis amplo, desde a proposición dunha reflexión sobre o que significa expoñer cultura na actualidade; en definitiva, sobre o propio concepto de exposición como medio e ferramenta para producir, deseñar e exhibir a cultura. Deste xeito, seguindo o mesmo xogo conceptual que formula a mostra anterior (expoñer as escrituras expostas), preténdese agora presentar (expoñer) as diferentes exposicións producidas polo CCG ao longo da súa historia. Mostrar as exposicións que se desenvolveron e desenvolven desde o CCG, como un dos seus principais eixes de traballo: propor un percorrido polas mostras de diversa e variada temática que foron producidas e deseñadas desde 1990. Así, ao carón das escrituras expostas, visualizamos aquelas mostras tamén expostas, co obxectivo de visibilizar un dos obxectivos fundamentais do CCG: o seu achegamento desde e para cultura, a historia e a sociedade galegas.
Con este proxecto paralelo preténdese dar a coñecer e poñer en valor as exposicións do CCG, diversificadas en variadas temáticas e áreas de estudo, tipo e orientación. En moitos casos, en colaboración con institucións e entidades públicas e privadas, desde museos, centros de arte, asociacións ou institutos nacionais e internacionais. Ao longo destes case 30 anos (1990-2019), presenciamos mostras que apostan por un deliberado carácter divulgativo e con clara vocación pola itinerancia, para trazar liñas de análise transversais que afectan á identidade (O sorriso de Daniel; Galicia 25; Galicia 100), á creación, á historia, á fotografía, á arquitectura e ao territorio, á antropoloxía ou á emigración; moitas presentan a fotografía como un dos eixes (Galicia Terra Nai; Tempos que hai neste tempo; Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí; A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975-1979), outras analizan e presentan a arquitectura galega contemporánea (Alejandro de la Sota), inciden na vocación didáctica e de mapeo de experiencias (as diferentes edicións de Artesa, mostra de recursos e iniciativas para a normalización lingüística), apostan por unha tese de vontade analítica e revisión histórica desde a conmemoración (Galicia e América; O bispo dos sen alma: frei Rosendo Salvado; Alba de Gloria; Sons de Galicia) ou tamén, especialmente, as que se orientan ao fenómeno migratorio e cunha forte reafirmación na itinerancia (Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos; O sorriso de Daniel; Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración; Galicia imaxinada nas revistas da emigración). Todas se acompañan de catálogos singulares, con textos que contextualizan e analizan a temática estudada. Así mesmo, convén tamén recoñecer outras mostras realizadas nos espazos do CCG, máis pequenas e de curta duración (como algunha realizada con motivo da xornada anual organizada pola Comisión de Igualdade do CCG), as intervencións/performances ou os proxectos de divulgación (como os carteis de Arquitectos galegos).
Cada unha das mostras, seguindo a filosofía da exposición anterior, preséntase nun único cartel, escolléndose unha imaxe representativa de cada mostra, unha referencia simbólica que resume a súa narrativa, xerando unha panorámica de imaxes-forza que ilustran a traxectoria expositiva do CCG nestes case 30, exhibindo a gran diversidade de temáticas e liñas de investigación. Un convite a percorrer as exposicións do CCG, que se complementará con toda a documentación de cada proxecto na nosa web: consellodacultura.gal/exposicions. Foron e son mostras ao servizo do público galego, que quedan á súa dispoñibilidade, en moitos casos, e que poden solicitar o seu préstamo para exhibila en itinerancia.
Un conxunto de proxectos que serviron e serven, ao tempo, para mapear un grande elenco de profesionais que, desde o comisariado, o deseño, a coordinación, a fotografía, a coordinación, a documentación, etc. —Manuel Rivas, Xurxo Lobato, Xosé Díaz, Margarita Ledo, Revisión, Pedro de Llano, Ramón Villares, Chus Martínez Domínguez, Numax, Signum Deseño ou Iago Seara—, participaron na construción destas narrativas e que hoxe forman un corpus de lecturas e relecturas, tamén de escrituras e reescrituras, da cultura galega contemporánea.
Relación de exposicións:
Alejandro de la Sota, arquitecto (1990)
Arquitectura institucional en Galicia (1990)
Galicia e América, cinco séculos de historia (1992)
Galicia Terra Nai. Sete fotógrafos trala alma de Galicia (1993)
Os músicos do Pórtico de San Martiño de Noia (1994)
Fray Martín Sarmiento e a Galicia do seu tempo (1995)
Tempos que hai neste tempo. Manuel Sendón (1995)
Arquitectura galega: 25 anos de historia (1995)
Os centros educativos dos cubanos. Memoria Gráfica (1998)
A imaxe e o labirinto: 10 artistas cubanos dos `90 (1998)
O bispo dos sen alma: Frei Rosendo Salvado (1914-1900), unha misión en Australia (2001)
A noite está varrida da Terra. 150 aniversario da utilización da luz eléctrica en Santiago de Compostela por primeira vez en España (2001)
Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos (2002)
Carteis "Arquitectura desde" (2003-2007)
Xaquín Lourenzo, o fotógrafo (2004)
O sorriso de Daniel (2004)
Carteis "Arquitectos Galegos" (2004)
Sotomayor, unha travesía no século XX (2007)
Galicia 25. Unha cultura para un novo século (2008)
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración (2008)
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí (2010)
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) (2012)
Valentin Paz-Andrade, uma antena galega no Brasil (2012)
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia (2012)
Rosendo Salvado: Valedor do pobo aborixe (2014)
Mostras de Elena Colmeiro, Mary Quintero, Kathleen March e Pascuala Campos (2014-2017)
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936) (2014)
Galicia imaxinada nas revistas da emigración (2016)
Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura (2016)
Artesa. Mostra de recursos e iniciativas da normalización lingüística (2016, 2017, 2018 e 2019)
A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975-1979 (2017)
Juan Cancelo. Illa Rota. Da II República ao franquismo (2018)
Alba de Gloria. Unha experiencia (2018)
Son de Galicia (2018)
As Benvidas/The Wellcomes (2019)
EX.PDF: Exposer les écritures exposées [EX.PDF: Expoñer as escrituras expostas] (2019)
Expoñer as exposicións expostas: mostrar a cultura, 1990-2019 (2019)
EXPOÑER AS EXPOSICIÓNS EXPOSTAS: MOSTRAR A CULTURA (1990-2019)
Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019 Santiago de CompostelaLUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca
EXPOÑER AS EXPOSICIÓNS EXPOSTAS: MOSTRAR A CULTURA (1990-2019)
Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019 Santiago de CompostelaSolicita a túa inscrición
EXPOÑER AS EXPOSICIÓNS EXPOSTAS: MOSTRAR A CULTURA (1990-2019)
Exposición. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019Documento
Documento en PDF
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 11/6/2019
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica
Exposición.
ex.pdf
EXPOÑER AS EXPOSICIÓNS EXPOSTAS: MOSTRAR A CULTURA (1990-2019)
Data
Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. Do 11 ao 19 de xuño de 2019Lugar
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205