Concerto dos Coros Históricos Galegos

Concerto. Son de Galicia

Concerto dos Coros Históricos Galegos

Praza Maior de Ourense, 30 de xuño de 2019 ás 22:30 horas
Ourense
Concerto
Son de Galicia

Concerto dos Coros Históricos Galegos

Praza Maior de Ourense, 30 de xuño de 2019 ás 22:30 horas Ourense

Con motivo do seu centenario, a Coral Ruada de Ourense organiza o Concerto de Coros Históricos Galegos no que contará coa participación de Cántigas da Terra (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela), Real Coro Toxos e Froles (Ferrol) e Coral Ruada (Ourense). O concerto conta coa colaboración do Concello de Ourense e o Consello da Cultura Galega. 


Programa
21:00 h. Concentración e desfile dos Coros pola Rúa do Paseo e Valentín Lamas Carvajal ata desembocar na Praza Maior
21:35 h. Unha representación de cada Coro (5 membros por cada Coro) será recibido polo alcalde de Ourense na Casa do Concello
22:30 h. Concerto dos catro coros galegos históricos na Praza Maior de Ourense


Exposición Son de Galicia
Estes días na sede de Afundación de Ourense pódese visitar ata o día 7 de xullo a exposición Son de Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega.  Son de Galicia é unha mostra que conmemora o importante labor cultural desenvolvido polas diferentes sociedades corais no desenvolvemento da cultura galega no século XX. Transita pola historia das catro formacións que continúan activas arestora: Toxos e Froles (1914), Cántigas da Terra (1916), Coral De Ruada (1918) e Cantigas e Agarimos (1921). A exposición, comisariada por Miguel Anxo Seixas, preséntase en 30 paneis acompañada de publicacións, manuscritos, fotografías, instrumentos, partituras, traxes, decorados, fragmentos de prensa… a través dos que se pode reconstruír unha época especialmente vizosa para a nosa cultura.
Ademais de adentrarse na historia das catro formacións, nesta exposición poderanse coñecer tamén denominadores comúns a todas as sociedades corais da época: o traballo etnográfico de recollida e interpretación da música e da vestimenta popular, o labor filantrópico e benéfico, as xiras e viaxes nas que se converteron en embaixadores da cultura galega, os inicios dunha actividade teatral galega e o seu fondo compromiso coa lingua de noso.

Libro Os coros de Galicia
Esta publicación acompaña a mostra Son de Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo principal de homenaxear as catro corais galegas centenarias, na secuencia dos actos programados para reavivar a memoria das Irmandades da Fala e renderlles tributo, a elas e ao movemento xerado ao seu carón, pola pegada deixada na cultura galega do último século. Concibido inicialmente como catálogo da mesma, axiña cobrou vida propia e autónoma da man dos seus coordinadores científicos e dos expertos e expertas aos que foron encargados traballos contextualizadores e avaliadores do nacemento destas agrupacións, da súa pegada e da vitalidade do seu contributo.


 


 

LUGAR

Praza Maior s/n
Ourense

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Cartaz
Publicación
Son de Galicia
Son de Galicia Os coros galegos
Luís Costa Vázquez, Edición. Inmaculada López Silva, Edición. | 2019
Ligazóns

Exposición Son de Galicia
Visita en liña
Son de Galicia.
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 4/12/2018
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Concerto.
Son de Galicia
Concerto dos Coros Históricos Galegos
Cando
Praza Maior de Ourense, 30 de xuño de 2019 ás 22:30 horas
Onde
Ourense
Enderezo

Praza Maior s/n
Ourense

Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)