Coa mostra Sotomayor, unha travesía no século XX, ilustrouse con fotografïas, publicacións, cartas de navegación e outros documentos a peripecia do secuestro en alta mar do transatlántico Santa María, ocorrido en xaneiro de 1961 e que contou co protagonismo, entre outros, do galego José Fernández Vázquez (Jorge de Sotomayor). A exposición pretendeu constituír un recoñecemento á súa fi gura amosando parte do seu arquivo documental, o cal xa se pode consultar nas instalacións do Consello. A mostra foi comisariada polo fi llo de Sotomayor, Federico Fernández Ackermann, que interviu no acto inaugural xunto co presidente do CCG, Ramón Villares, e o director xerente da Fundación, Xosé María Palmeiro. Realizáronse actividades complementarias, como varios videoforos, e unha mesa redonda sobre historias do exilio.