GALICIA E A SEGA

Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos

Celanova, do 3 de abril ao 1 de decembro de 2007
Información

Esta mostra que foi organizada no ano 2002, pola Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, recolle a situación e as condicións de vida nas que se atopaban os galegos que emigraban a Castela no tempo da sega. Este emigración temporal deuse desde a Idade Moderna ata os anos 60 do século XX . Recuperar esta memoria histórica foi o obxectivo que impulsou ós comisarios da exposición, Xosé Manuel González Reboredo e Xosé Carlos Sierra Rodríguez.


Durante o ano 2002 a mostra inaugurouse no Museo Etnolóxico de Ribadavia, no Museo do Pobo Galego e no ano 2003 no Museo Histórico Provincial de Lugo.


No ano 2007 inaugúrase en Celanova, no claustro barroco do Museo de San Salvador de Celanova, onde queda depositada definitivamente.  

Ficha técnica
Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos
Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos
Exposición. Celanova, do 3 de abril ao 1 de decembro de 2007