As mulleres co mundo na cabeza

Presentación. Memorias de vida en vivo

As mulleres co mundo na cabeza

Os camiños do Pindo. Memorias de vida en vivo

16 de xullo de 2019
Concello de Carnota
Presentación
Memorias de vida en vivo

As mulleres co mundo na cabeza

Os camiños do Pindo. Memorias de vida en vivo

16 de xullo de 2019 Concello de Carnota

Seguindo a liña traballo da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega destinada á elaboración de vías e medidas que permiten pór en valor e dar visibilidade ás contribucións das mulleres á cultura galega e universal, Memorias de vida en vivo é un proxecto interdisciplinar encamiñado a recuperar testemuños, imaxes e voces de mulleres galegas que traballaron e viviron en tempos xa mudados e que hoxe son aínda memoria viva. A historia oral é unha forma de investigación imprescindíbel para coñecer persoas, relacións e aspectos da realidade social pouco investigados e que non deixaron pegada nas fontes ordinarias, máis abondosas nas pescudas académicas. As mulleres, polo xeral silenciadas e invisibilizadas, fan parte da historia; por iso a súa memoria se configura como unha fonte viva e rica para coñecela en toda a súa amplitude. Cómpre recoller os seus testemuños antes de que desaparezan para así dar conta dunha realidade social que situou e sitúa a vida e o traballo de moitas mulleres como parte da economía chamada “informal”; é dicir, fóra dos circuítos regrados.

LUGAR

LUGAR
Salón da casa do concello
Concello de Carnota

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/

Ficha técnica 
Presentación.
Memorias de vida en vivo
As mulleres co mundo na cabeza
Os camiños do Pindo. Memorias de vida en vivo
Cando
16 de xullo de 2019
Onde
Concello de Carnota
Enderezo

LUGAR
Salón da casa do concello
Concello de Carnota

Participante
Rosario Álvarez
Guadi Galego
Encarna Otero
Marisa Vázquez Oreiro
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Concello de Carnota
Concello de Carnota