DRAMATURXIAS ITINERANTES/ DRAMATURGIAS ITINERANTES

Dramaturxias itinerantes

Atalhos, ou sobre o caminho mais comprido entre dois pontos de Joana Craveiro
Un intre antes do solpor de Ana Carreira

Martes, 1 de outubro de 2019 ás 18:30 horas
Información

O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Português em Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia dan continuidade ao programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes” coa edición de outono, que ten como obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Na pasada primavera inauguramos en Galicia o ciclo e acollemos, primeiro en Compostela e despois en Vigo, os textos das dramaturgas Patrícia Portela e AveLina Pérez, nas voces do alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo, Eu.Experimento. Ambas autoras están a desenvolver conxuntamente un proxecto que se presentará en Galicia e en Portugal en 2020. Este proxecto xa deu, pois, os seus primeiros froitos. 
Nesta ocasión, son Ana Carreira e Joana Craveiro as autoras escollidas para ofrecer os seus textos dramáticos. Un intre antes do solpor (Premio Varela Buxán de Dramaturxia no ano 2014) é a aposta da autora galega para esta cita, na que unha parella de anciáns vive os seus últimos solpores no patio dunha residencia. No seu diálogo emerxe a nostalxia e a dor, pero tamén a busca da beleza, a pesar da inminencia do final. Pola súa parte, a creadora portuguesa tráenos Atalhos, ou sobre o caminho mais comprido entre dois pontos, un texto documental sobre un grupo de mozas e mozos que parte nunha viaxe evocativa por entre diversas noticias de xornais e que será presentado polo alumnado de Joana Craveiro na Escola Superior de Artes e Design das Caldas da Rainha, Portugal.

Outras itinerancias do programa: 

  • MÉRCORES, 2 DE OUTUBRO
    16:30 horas
    Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)
    R/ Poza Cabalo, s/n
    36211 Vigo (Pontevedra)
  • XOVES, 3 DE OUTUBRO
    18:00 horas
    Cine Teatro João Verde
    Largo da Alfândega 1
    4950-432 Monção
Ficha técnica
Dramaturxias itinerantes
Dramaturxias itinerantes
Recital. Martes, 1 de outubro de 2019 ás 18:30 horas
Colabora
Comédias do Minho - Associação para a promoção de actividades culturais no Vale do Minho
Comédias do Minho - Associação para a promoção de actividades culturais no Vale do Minho

Organiza
Centro Cultural Português do Camões IP em Vigo
Centro Cultural Português do Camões IP em Vigo
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205