EXPOSICIóNS

CARTEIS “ARQUITECTOS GALEGOS”

Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004
Información

Dentro da función didáctica e divulgadora do Consello da Cultura Galega, a antiga Sección de Arquitectura promoveu a produción dunha edición de carteis de arquitectos galegos contemporáneos. Unha ferramenta de enorme utilidade enfocada ao público non especializado, docencia de ensino secundario, estudantes, asociacións e organizacións culturais. Este proxecto incide no coñecemento da arquitectura precedente, dos procesos e tendencias mediante os que se acadou o estado da arquitectura actual, tratando así de conseguir un achegamento rigoroso e documentado á arquitectura da nosa contemporaneidade. 


Os carteis, deseñados por Xosé Díaz (Imago Mundi), tratan de xuntar elementos visuais, fundamentais para comprender a arquitectura, con textos explicativos nos que se analiza a obra de cada un dos autores, a súa evolución técnica e estilísticas así como os seus postulados teóricos á hora de abordar o feito arquitectónico. Deste xeito, fotografías, planos, maquetas, bosquexos ou vistas en perspectiva combínanse cun texto que aparece reproducido en galego e en inglés, mediante o que se pretende ofrecer unha serie de claves para achegarse á obra de Xosé Bar Boo, Alejandro de la Sota, Andrés Fernández-Albalat, Rafael Baltar, Carlos Almuíña e José Antonio Bartolomé, Manuel Gallego Jorreto, César Portela Fernández-Jardón, Alberto Noguerol e Pilar Díez, Iago Seara Morales, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera e Carlos Quintáns, Cristóbal Crespo e Antonio Raya.

Temáticas
Ficha técnica
CARTEIS “ARQUITECTOS GALEGOS”
CARTEIS “ARQUITECTOS GALEGOS”
Exposición. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004
Coordinación
Iago Seara Morales
Organiza
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205