Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega (1983-2008)

Exposición. Exposicións

Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega (1983-2008)

Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de xaneiro de 2010
Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo e A Coruña
Exposición
Exposicións

Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega (1983-2008)

Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de xaneiro de 2010 Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo e A Coruña

Coa mostra Galicia 25. Unha cultura para un novo século, o Consello da Cultura Galega culminou o programa de actividades levado a cabo no ano 2008 para conmemorar os seus primeiros 25 anos (1983-2008) baixo o lema “crear cultura, imaxinar país”. A exposición está organizada polo Consello da Cultura en colaboración con Caixanova, Presidencia e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Comisariada por Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo e Iago Seara, con Gustavo Garrido e José Manuel Lens nas tarefas de coordinación e Xosé Díaz na dirección do deseño, a mostra instalouse nas salas que Caixanova posúe na cidade de Vigo, achegando un diálogo reflexivo dos diversos elementos expositivos en conxunción museística cos diferentes e suxestivos espazos. 


A mostra dividiuse en 25 módulos ou unidades temáticas, nos que se propuxo unha mensaxe de futuro e unha expresión da pluralidade e do policentrismo da cultura galega nestes últimos vinte e cinco anos, tomando como punto de partida a creación do Consello da Cultura Galega. Unha achega plural e heteroxénea que se enriquece coa diversidade de materiais e medios expostos, atendendo a unha mensaxe pedagóxica e investigada da cultura galega. Presentouse, na busca dunha maior dimensión, un encontro entre as diferentes disciplinas e áreas culturais, nun percorrido retrospectivo por reflexións, proxectos, fontes, documentos e ideas, tamén por obras de arte —moitas incluídas na colección Caixanova— e resultados de investigacións, que achegan a propia filosofía da exposición, convertida nun lugar para a homenaxe, a memoria pero tamén o debate, de entrecruzamento e reflexión para o futuro. Un proxecto moi ambicioso, pensado e presentado co obxectivo de analizar e recoñecer a creación e cultura contemporáneas producidas en Galicia desde un sentimento de presente continuo, de investigación e cambio permanente.



  • Do 1 de outubro de 2008 ao 30 de novembro de 2008 nos Centros Social e Cultural de Caixanova en Vigo

  • Do 15 de decembro de 2008 ao 18 de xaneiro de 2009 no Centro Social de Caixanova de Pontevedra

  • Do 10 de febreiro ao 1 de marzo de 2009 no Exponav de Ferrol

  • Do 10 de marzo ao 17 de abril de 2009 no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela

  • Do 24 de abril ao 31 de maio de 2009 no Centro Social de Caixanova de Ourense

  • Do 10 de xuño ao 19 de xullo de 2009 no Pazo da Deputación de Lugo

  • Do 3 de decembro de 2009 ao 31 de xaneiro de 2010 no PALEXCO da Coruña

LUGAR

LUGARES
Centros Social e Cultural de Caixanova
Vigo


Centro Social de Caixanova
Pontevedra


Exponav
Ferrol


Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela


Centro Social de Caixanova
Ourense


Pazo da Deputación
Lugo


PALEXCO
A Coruña

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 14/3/1990
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición.
Exposicións
Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega (1983-2008)
Cando
Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de xaneiro de 2010
Onde
Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo e A Coruña
Enderezo

LUGARES
Centros Social e Cultural de Caixanova
Vigo


Centro Social de Caixanova
Pontevedra


Exponav
Ferrol


Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela


Centro Social de Caixanova
Ourense


Pazo da Deputación
Lugo


PALEXCO
A Coruña

Organiza
Consello da Cultura Galega