17:30 horas
Presentación
17:45 horas
Conversa
Alicia Framis e Félix Fernández
Modera: Paula Cabaleiro
19:15 horas
Debate
Alicia Framis (Barcelona, 1967, residente en Amsterdam, Países Baixos) é unha artista multidisciplinar cuxa práctica combina arquitectura, deseño, moda e performance. O seu traballo constitúese por proxectos baseados e enfocados en diferentes aspectos da existencia humana dentro da sociedade urbana contemporánea. Framis parte a miúdo de dilemas sociais reais para propoñer contornas novas e posibles solucións. Desenvolve plataformas para a interacción social creativa, con frecuencia a través de colaboracións interdisciplinares con outros artistas e especialistas en diversos ámbitos. Actualmente é a directora dun programa de máster no Instituto Sandberg en Amsterdam (MA program at the Sandberg Institute in Amsterdam).
Framis representou aos Países Baixos no Pavillón Holandés na 50a Bienal de Venecia (2003). Ten obra permanente en Nova York (obra escultórica), no Atomium de Bruxelas (obra arquitectónica) ou Shanghai (arte e obra arquitectónica), entre outros lugares. O seu traballo foi presentado na 2ª Bienal de Berlín (2001), en Performa 09 New York (2009) ou na Manifesta 2 Luxemburg (1998). A súa obra foi incluída tamén en numerosas coleccións permanentes, como as de FRAC Lorraine (Francia), a do Museo Migros für Gegenwartskunst (Suíza), a do Museo Boijmans van Beuningen (Países Baixos), a do MUSAC de Castela e León (España) ou a do Stedelijk Museum Amsterdam (Países Baixos), entre outros.
Entre as súas últimas exposicións e proxectos individuais podemos destacar: “Pabellón de género”, en Sala Alcala 31 (2018); “Forbidden Collections”, en Upstream Gallery, Amsterdam, Países Baixos (2018); “Lenguajes invisibles”, en Galería Juana de Aizpuru, Madrid (2018) e en Kunsthalle Nürnberg, Alemaña (2017); “Statements”, en Stedelijk Museum Amsterdam, Países Baixos (2017); “Land Project”, Rirkrit Tiravanija, Chiang Mai, Thailand (2017); “Everyday Sunshine”, Horrach Moya Gallery, Mallorca (2016); “I’m in the wrong place to be real, 3bisf”, en Aix-en-Provence, Francia (2015); “Framis in Progress”, MUSAC, Léon (2014); “Forbidden Rooms”, en Annet Gelink Gallery, Amsterdam, Países Baixos (2014); “Framis in Progress”, en CC Brugge, Bélxica (2014); “Chambre des livres Interdites”, en Picasso Museum, Niza, Francia (2014); “Framis in Progress”, en Galerie im Taxispalais, Innsbruck, Austria (2013); “Framis in Progress”, en Museum Arnhem, Países Baixos (2013); “Cinema Solo”, en La Frac Haute-Normandie, Rouen, Francia (2012); “Daily Future”, en Kunstzone Rabobank Utrecht, Países Baixos (2012); “Apuntes sobre el cielo”, Sala de Exposicións da Deputación de Huesca (2011); “New Buildings for China”, en Instituto Cervantes, Beijing, China (2009); “Guantánamo Museum”, en Centre d’Art Santa Mónica, Barcelona (2008); “Spain Not for Sale” (performance), en Madrid Abierto, Madrid, Spain (2008) etc.
Félix Fernández (Viveiro, Lugo, 1977) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Formouse paralelamente en danza contemporánea e performance con Marina Abramóvic, Johannes Deimling, Elena Córdoba e Esther Ferrer, entre outros. Concedéronlle múltiples premios e bolsas, entre os que destacan a Bolsa de residencia Azala (Gasteiz, Euskadi, 2017), o Premio Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura (2014), a Bolsa de residencia Addaya Centre d´Art Contemporani (Palma de Mallorca, 2014), a Bolsa de residencia no MAC Gas Natural Fenosa da Coruña (2012), o Premio videoarte Festival Rendibú (Murcia. 2012), o Premio Metrópolis no Festival VAD de Girona (2011) ou a Bolsa Gas Natural Fenosa de Artes Plásticas, estadías en Nova York e Berlín (2009-2010).
Entre as súas últimas exposicións individuais sobresaen “Kontaktaufnahme” en Charlotte 13 Gallery (Leipzig, Alemaña, 2016), “ROOM4” en Centro Cultural de España (Montevideo, Uruguai, 2015), “Retratos distópicos” en Galería El Museo (Bogotá, Colombia, 2014), "Visiones Contemporáneas: Félix Fernández" en DA2 Domus Artium (Salamanca, 2013), “Fricción” en Galería ASM28 (Madrid, 2012) ou “Crossed Lines” en MAC Gas Natural Fenosa (A Coruña, 2012). Tamén imparte obradoiros e workshops en museos, galerías e universidades, e participa como relator en números ciclos e xornadas de reflexión.