presentación

Presentación do libro "Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices"

Montederramo - Martes, 17 de setembro, ás 19:30 horas
Información

O mosteiro de Santa María de Montederramo acollerá a presentación do libro "Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices". No acto participarán Rosario Álvarez,  presidenta do Consello  da Cultura Galega; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Antonio Rodríguez, alcalde do Concello de Montederramo; Xosé Luís Regueira, director do ILG, e Ramón Lorenzo, autor do volume. 


A presentación terá lugar no mosteiro de Santa María de Montederramo o martes, 17 de setembro, ás 19:30 horas.


Concluídas as intervencións, haberá unha actuación musical do grupo Manseliña integrado por María Giménez, voz, fídula oval réplica do Pórtico da Gloria e percusión tradicional; Tin Novio, laúde medieval réplica do Pórtico da Gloria e Pablo Carpintero, gaita da CSM 360, aerófonos e pandeiros tradicionais do seu obradoiro  


Programa musical:


Sedia la fremosa (C. amigo)... Estevaô Coelho (s. XIV)/mús. trad. (alalá de Noia)   


Crucifigat omnes (Conductus a 2)….Anónimo do Ms.Wolfenbüttel 2 (s.XIII)


Mandad ́ei comigo (C. amigo)……………………………..Martín Codax (s. XIII) 


O que veer quiser (C. escarnio)…….Joaô Vaásquiz de Talavera (s. XIII)/Alfonso X (CSM170)


Eno sagrado (C. amigo)........Martín Codax (s. XIII)/ Mús. trad. (Muiñeira da Ameixenda) 


NOTA IMPORTANTE. Para as persoas interesadas que desexen acudir dende Santiago de Compostela haberá un servizo de microbús dispoñible ata completar a capacidade do vehículo. Para empregalo, cómpre facer unha solicitude de praza no correo actividades@consellodacultura.gal antes do luns, 16 de setembro de 2019, ás 15 horas. Esta solicitude debe ser confirmada polo persoal de Actividades para garantir a dispoñibilidade de praza.

Ficha técnica
Presentación do libro
Presentación do libro "Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices"
Presentación. Montederramo - Martes, 17 de setembro, ás 19:30 horas

LUGAR:
Mosteiro de Santa María de Montederramo