exposición

VALLE-INCLáN TRADUCIDO

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

No Museo dos Lanifícios, Covilhã, do 18 de setembro ao 4 de outubro de 2019
Información

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936] é un proxecto expositivo pero tamén un balance do «estado da arte» dos estudos valleinclanianos, feito por estudosos actuais da súa obra. Mostra e catálogo permitirán, pois, ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán. Así como os nosos grandes devanceiros inflúen en nós, tamén a nosa ollada, segundo un coñecido ensaio de T. S. Eliot, pode mudar a propia imaxe dos que nos precederon. E este é un caso ben acaído para entender a complexidade dun autor como Valle-Inclán, tan intemporal como sometido ao imperio da súa época e, neste caso, da «materia de Galicia», que foi alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.

 

Ficha técnica
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Exposición. No Museo dos Lanifícios, Covilhã, do 18 de setembro ao 4 de outubro de 2019