A presenza galega na Habana

A HABANA - Xoves, 17 de outubro de 2019
Información

Con motivo da realización da exposición "O soño cubano da emigración galega", que se mostra no Vestíbulo do Gran Teatro da Habana Alicia Alonso-antigo pazo do Centro Galego da Habana, e que se poden visitar entre o 15 de outubro e o 10 de novembro de 2019, o Consello da Cultura Galega e a Cátedra de Cultura Gallega “Xosé Neira Vilas” organizan a mesa redonda "A presenza galega na Habana", que terá lugar o xoves, 17 de outubro de 2019, ás 11:30 horas, na Biblioteca Vicentina Antuña da Facultade de Artes e Letras (R/ Zapata y G) da Universidad de La Habana.


Neste acto, presentado e moderado por Arantxa Fernández, da Cátedra de Cultura Galega “Xosé Neira Vilas”, participarán Sergio Guerra (Universidad de La Habana), Xosé Manoel Núñez Seixas (Universidade de Santiago de Compostela / Consello da Cultura Galega), María Xosé Porteiro (Consello da Cultura Galega) e Cira Romero (Universidad de La Habana).


 

Ficha técnica
A presenza galega na Habana
A presenza galega na Habana
Mesa redonda. A HABANA - Xoves, 17 de outubro de 2019
Presenta
Arantxa Fernández
Relator/a
Sergio Guerra
Xosé M. Núñez Seixas
María Xosé Porteiro García
Cira Romero
Organiza
Cátedra de Cultura Gallega “Xosé Neira Vilas”
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Biblioteca Vicentina Antuña
Facultade de Artes e Letras 
R/ Zapata y G
Universidad de La Habana