simposio

SIMPOSIO ILG

Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Simposio ILG 2019

Facultade de Filoloxía - Do 5 ao 7 de novembro de 2019
Información

A presente edición do Simposio anual organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega leva por título Lingua patrimonio e coñecemento tradicional. O seu obxectivo é amosar algúns dos resultados obtidos durante o desenvolvemento do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, integrado no macroproxecto europeo Geoarpad, que ten como finalidade fundamental o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Con este marco de fondo, o encontro organízase en tres xornadas, que terán lugar do 5 ao 7 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. 

A finalidade da primeira xornada é facilitar principios metodolóxicos básicos, desde o punto de vista da antropoloxía cultural e da dialectoloxía, para unha recolleita adecuada do patrimonio inmaterial. Na segunda xornada preténdese mostrar o valor dos datos lingüísticos e presentar unha nova ferramenta para o estudo da variación dialectal, poñendo o foco no léxico de Galicia e do norte de Portugal. Finalmente, a terceira xornada estará dedicada á presentación de proxectos vinculados coa recolleita de léxico e concibidos para o ámbito do ensino non universitario.

Preténdese que este simposio sexa un lugar de encontro de investigadores, docentes e estudantes ao redor do patrimonio inmaterial, un punto de confluencia de disciplinas, enfoques e intereses diversos que sirva para ampliar a nosa mirada, crear sinerxías e promover novos proxectos ao redor da riqueza léxica e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Nesta anualidade, ademais, o simposio  forma parte da oferta formativa do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso académico 2019/2020.

Toda a información  figura en http://ilg.usc.es/gl/actividades/simposio-ilg-2019, onde se pode encontrar o programa e as indicacións para a inscrición. 

Ficha técnica
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
Simposio. Facultade de Filoloxía - Do 5 ao 7 de novembro de 2019

Facultade de Filoloxía
Campus Norte
Avenida Castelao s/n
15705 Santiago de Compostela