Camiñando cara a unha economía circular en Galicia

Mércores, 20 de novembro de 2019
Información

Extraer, producir, usar e tirar… Esta dinámica da economía lineal acadou os seus límites e xa non é viable; cómpre repensar o modelo de produción e consumo cara a un sistema máis sustentable. A resposta pode estar na economía circular, un novo paradigma no punto de encontro entre a economía e a ecoloxía, baseado no principio de pechar o ciclo de vida a imitación da natureza, optimizando o fluxo de materiais, enerxía e residuos.

O seu obxectivo é xerar prosperidade económica ao tempo que se protexe o medio. Para iso cómpre poñer en práctica diversas estratexias, dirixidas a acadar unha produción e consumo sustentables, e a redución da xeración de residuos, procurando que se convertan en recursos, pechando así o ciclo. 

A eco-concepción, a ecoloxía, a simbiose industrial, a análise do ciclo de vida, a responsabilidade estendida, a loxística inversa e a posta en práctica das 7R (redeseñar, reducir, reutilizar, reciclar, reparar, restaurar, rexenerar) son termos chave nesta estratexia. Na xornada, ao coidado de María Teresa Barral Silva e María Loureiro García, integrantes da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, abordaranse os aspectos esenciais relacionados cos principios e a posta en práctica da economía circular, cun enfoque aplicado a Galicia, presentando iniciativas pioneiras de economía circular levadas a cabo na comunidade galega.

Ficha técnica
Camiñando cara a unha economía circular en Galicia
Camiñando cara a unha economía circular en Galicia
Xornada. Mércores, 20 de novembro de 2019
Coordinación
María Teresa Barral
María Loureiro
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)
Relator/a
Susana Barrachina García
Gumersindo Feijoo
María Cruz Ferreira Costa
Isabel Fraga Castro
Benito García Carril
Patricia Iglesias
Carlos Pérez Losada
Leticia Regueiro Abelleira
Anabel Rodríguez
Alberto Sánchez Sánchez

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205