simposio

O libro educativo e a edición dixital

Simposio O libro e a lectura da Asociación Galega de Editoras

Santiago, 21 e 22 de novembro de 2019
Información

O simposio O libro e a lectura da Asociación Galega de Editoras acada a súa edición número 16 nun encontro que se vai desenvolver no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, s/n) na mañá e tarde do xoves 21 de novembro e durante a mañá do venres, 22 de novembro. Contará coa intervención de Antón Costa e Gregorio Luri, que impartirán as conferencias de apertura e peche; profesoras e representantes das editoras de libro educativo, que participarán en tres mesas redondas e nun panel de experiencias.

Trátase dun encontro profesional, aberto a todos os públicos, onde se conversará, debaterá e reflexionará sobre a edición do libro educativo na era dixital, a transmisión do coñecemento no ensino e a convivencia do libro en papel e do libro dixital.

As sesións continúan na tarde do xoves 21 de novembro, ás 16:30 horas, coa mesa redonda “Proxectos educativos dixitais”, a cargo de José Moyano, presidente de ANELE, Ana Guerra, de Edicións Obradoiro, Xosé Manuel Moo, de Xerais e a profesora, Susana Trigo. Ás 18:30h. celebrarase a mesa redonda “As ferramentas da educación”, con José Javier Pintor, asesor de formación do CFR da Coruña, o pedagogo, Xesús Rodríguez e a representante da AS.PG, Olga Patiño Abeixón, para pechar a xornada do xoves. O venres 22 de novembro, iniciarase a segunda xornada do simposio, ás 10:00h. coa mesa redonda “O futuro da educación” con Fernando Lacaci, presidente da Confederación de ANPAS galegas, Manuel Bragado, pedagogo e editor e a profesora Paula Fernández Seoane. Finalmente, Gregorio Luri, encargarase da conferencia de peche das xornadas, “Sen educación non hai lectura”, ás 12:30 horas.

As sesións do XV Simposio da AGE están abertas ao público, que pode inscribirse de balde ata cubrir as prazas (aforo 100 persoas) no enderezo electrónico s.tecnica@editorasgalegas.gal

Organizan: Asociación Galega de Editoras e Concello de Santiago

Colaboran: CEDRO, Consello da Cultura e Xunta de Galicia

 

 

 

Ficha técnica
O libro educativo e a edición dixital
O libro educativo e a edición dixital
Simposio. Santiago, 21 e 22 de novembro de 2019

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205