O Consello da Cultura Galega acolle a XV Xornada de Normalización Lingüística organizada por Escolas Católicas de Galicia, que será inaugurada por Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas de Galicia; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega.
Nesta súa XV edición abordarán a figura de Carvalho Calero da man de Bernardo Penabade; coñecerán a Iconografía sacra e profana do concello de Silleda (XI Premio Innovación Antonio Fraguas do colexio María Inmaculada de Silleda); analizarán a calidade da lingua con Xusto Rodríguez e concluirán cunha homenaxe ao irmán Xosé Francisco Martínez Reboiras.
Máis información e programa detallado no pdf.