mesa redonda

A Galicia navegante no imaxinario literario

Pontevedra, mércores 11 de decembro de 2019
Información

 

No ano 2019 conmemórase o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII», instalada no Museo de Pontevedra e comisariada por Ofelia Rey Castelao, amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Para entender mellor a importancia das navegacións na nosa literatura, organizouse  un ciclo de dous parladoiros que abordarán a importancia que as navegacións tiveron na nosa Historia e na nosa Literatura. Esta primeira mesa leva como título A Galicia navegante no imaxinario literario e nela participarán Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e María Solar, baixo a coordinación de Dolores Vilavedra.

Será o mércores, 11 de decembro ás 19:30 horas, no andar 0 da zona acristalada do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII» está organizada polo Consello da Cultura Galega e coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra. Permanecerá aberta dende o día 12 de novembro ata o día 14 de xaneiro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Máis información sobre a exposición en http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200943

Ficha técnica
A Galicia navegante no imaxinario literario
A Galicia navegante no imaxinario literario
Mesa redonda. Pontevedra, mércores 11 de decembro de 2019
Coordinación
Dolores Vilavedra

Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
rúa Padre Amoedo Carballo, 3,
360002, Pontevedra