Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade de Xavier Groba

Presentación

Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade de Xavier Groba

Xoves, 12 de decembro de 2019, ás 19:00 horas
Santiago de Compostela
Presentación

Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade de Xavier Groba

Xoves, 12 de decembro de 2019, ás 19:00 horas Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega acolle a presentación do libro-cd Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade da autoría de Xavier Groba e editado por aCentral Folque. Participan: Dolores Vilavedra, Xavier Grova, Ramón Castromil e Ramon Pinheiro Almuinha.

Un cancioneiro musical inédito de Antonio Fraguas? Unha colección de partituras de Cotobade compilada por Saturnino Cuiñas conservada nos Arquivos de Cántigas da terra? As gravacións dos traballos de campo realizados na zona por investigadores internacionais ou galegos como Alan Lomax, Gustav Henningsen ou María Vidal? Todo isto e moito máis está recollido nesta monumental obra sobre o rico e singular patrimonio musical de Cotobade. Un estudo realizado polo musicólogo Xavier Groba que supón a primeira achega profunda á música de transmisión oral deste Concello situado entre a vila de Pontevedra e a comarca de Terra de Montes. O libro conta ademais dos textos coas gravacións orixinais contidas no CD, abundantes transcricións musicais realizadas por José Luís do Pico e unha extraordinaria selección fotográfica.     


Ficha do Libro-CD
Edita: aCentral Folque
Colección: Chave Mestra. Ref: CM17
Páxinas: 240
Fotografías orixinais: 70
Idiomas: galego
Inclúe partituras
ISBN 978-84-949511-8-3
PVP: 20€

Ficha técnica
Presentación.
Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade de Xavier Groba
Data
Xoves, 12 de decembro de 2019, ás 19:00 horas
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)