Cultura do mecenado

Xornada.

Cultura do mecenado

Martes, 4 de febreiro de 2020
Santiago de Compostela
Xornada

Cultura do mecenado

Martes, 4 de febreiro de 2020 Santiago de Compostela
O mecenado é unha das capacidades da cidadanía na corresponsabilidade no deseño e creación de proxectos culturais, científicos ou sociais. Cómpre, daquela, atendelo e alentalo como ferramenta ao servizo do desenvolvemento económico, social, científico e cultural do país. Ademais de crer na cultura do mecenado, é preciso impulsar un espazo no que vehicular demandas sobre esta realidade, tanto no ámbito galego coma noutros territorios alén da nosa fronteira. Atender o mecenado é un compromiso co que seguir pensando quen fai cultura ou investigación, cal é nosa corresponsabilidade como cidadanía e que respostas podemos dar ante a crise do papel do Estado como garante do dereito á cultura. A cidadanía a través de múltiples soportes como o pago colaborativo das festas foi creando os seus propios espazos de lecer, o que nos permite ver como hai un substrato de financiamento colectivo, de mecenado e tamén de xustiza social, que se ve a través dos impostos e tamén ante a resposta a desigualdades ou crises ambientais, por poñermos algúns casos.
A xornada Cultura do Mecenado é un intento co que pensar que ecosistemas poderían ser os máis favorables para incrementar a cultura do mecenado.

Obxectivos da xornada:
- Atender á cuestión da arte sobre o mecenado, dando resposta a que se está a facer arredor del.
- Coñecer experiencias e casos de boas prácticas de mecenado.
- Abrir un espazo de diálogo co que abordar a potencialidade do mecenado como exercicio de compromiso social.

Desenvolvemento:
A xornada divídese en dúas partes, unha primeira de panorámicas pola mañá, a modo de relatorios cun debate final, e pola tarde unha segunda sesión participativa coa que pensar como impulsar unha maior cultura do mecenado.
Os retos actuais precisan das múltiples intelixencias para ser resoltos.
Deste xeito, coa primeira parte damos conta de experiencias e marcos lexislativos arredor do mecenado, e coa segunda procuramos abrir espazos de debate cos que responder de xeito colectivo a que accións se poderían dar para impulsar o mecenado.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (80 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

A través desta xornada procurarase pensar de xeito colectivo como podería darse un ecosistema favorable co que incrementar a cultura do mecenado. Para isto, desenvolveremos un obradoiro de tarde en dúas mesas paralelas.
A participación nas mesas de traballo estará limitada e deberá realizarse a inscrición de forma presencial o día da xornada. Estas sesións contarán cunha inicial achega a través dun relator (15 min) e logo responderán en grupo a unha pregunta. O traballo en grupos, dunha duración aproximada de 60 minutos, remata cunha posta en común na que se comparten os principais resultados da indagación e se recolle a información xerada. A posta en común será retransmitida por streaming. Contaremos co apoio de dúas expertas en facilitación de grupos da cooperativa Rexenerando, que codeseñarán e executarán a dinámica.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Cultura do mecenado
Cando
Martes, 4 de febreiro de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Fran Quiroga
Relator/a
Irene Aláez
Borja Álvarez Rubio
José María Arias Mosquera
David Chipperfield
Jabier Larrañaga
Isabel Peñalosa
José Luis Pérez Pont
Manuel Vila López
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Concomitentes
Fundación Daniel e Nina Carasso