Presentación do "Álbum de Galicia"

Xoves, 9 de xaneiro de 2020 ás 17:30 horas
Información

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este xoves 9 ás 17:30 horas en rolda de prensa o proxecto “Álbum de Galicia”. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a secretaria da institución, Dolores Vilavedra e o técnico, Manuel Gago, serán os encargados de explicar as características e potencialidades desta iniciativa que consiste na primeira colección dixital biográfica da cultura galega.


A explicación aos medios de comunicación do Álbum de Galicia terá lugar antes da sesión plenaria da institución (19:00 horas), na que se expoñerá a programación de actividades para o 2020. Este plenario conta coa asistencia do presidente de honra da institución, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Os medios gráficos poderán tomar imaxes do inicio da sesión plenaria. Ás 19:30 horas enviarase imaxe da sesión plenaria.

Ficha técnica
Presentación do
Presentación do "Álbum de Galicia"
Actividade institucional. Xoves, 9 de xaneiro de 2020 ás 17:30 horas
Participante
Rosario Álvarez
Manuel Gago
Dolores Vilavedra

Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santiago de Compostela Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205