15:30 horas
Saúdo e presentación
Participan: Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; María Xosé Porteiro, directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, e Ana Terlera Bao, subdirectora de tratamento do Centro Penitenciario A Lama
16:00 horas
Proxección do filme Concepción Arenal, a visitadora de cárceres
17:30 horas
Descanso
18:00 horas
Coloquio
Participan: Ana Terlera Bao, Celia Pereira Porto, estudosa da obra de Concepción Arenal, Mabel Rivera e Isabel Naveira, actrices do filme
18:45 horas
Remate do acto
CELIA PEREIRA PORTO
Doutora en Dereito (2000). Premio Extraordinario de Licenciatura (1994). Investigadora e docente da UDC até 2005. Desde esa data exerce como avogada laboralista. Membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega e secretaria da Fundación Vicente Risco. Autora de diversos traballos e publicacións sobre a igualdade entre homes e mulleres, Clara Campoamor e Concepción Arenal.
MABEL RIVERA
Actriz de enorme experiencia teatral. Iniciouse no teatro nos anos setenta e unha década despois empezou a traballar como profesional nos primeiros elencos do Centro Dramático Galego. É moi coñecida por ser a protagonista da comedia de maior éxito da TVG, Pratos combinados, onde interpretou o personaxe de Balbina, até que o recoñecemento a nivel estatal lle chegou da man da oscarizada película Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya á mellor actriz de reparto, o Premio Sant Jordi de Cinematografía á mellor actriz española e outra extensa lista de recoñecementos, así como excelentes críticas. En 2012 recibiu o Mestre Mateo polo seu papel de Juana de Vega en Concepción Arenal, a visitadora de prisións.
ISABEL NAVEIRA
Actriz cunha ampla experiencia, participou en numerosas series televisivas con grande éxito de público como Mareas vivas (1998-2000), Rías Baixas (2004), Matalobos (2009-2012), Serramoura (2014-2018), Fariña (2018), Las chicas del cable (2018) ou Néboa (2020), actualmente en emisión en Televisión Española. Traballou, ademais, en cine e tv movies en títulos como El lápiz del carpintero (2003), 18 Comidas (2010), Encallados (2013), O bosque de levas (2006) ou Concepción Arenal, a visitadora de cárceres (2014), entre outros.