conferencia: Foro A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, lingua e cultura

FORO A IDENTIDADE GALEGA NO MUNDO DA GLOBALIZACIóN. SOCIEDADE, LINGUA E CULTURA

Daniel Innerarity
Quen somos nós? A identidade colectiva na globalización

Mércores, 12 de febreiro de 2020 ás 18:00 horas
Información
Neste 2020 e con motivo do centenario da revista Nós, o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego coorganizan o foro “A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, lingua e cultura”. O foro está coordinado por Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega, e Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

Estruturado en cinco mesas de traballo que reunirán persoas de diversos perfís intelectuais e profesionais, entre os meses de abril e outubro de 2020 cada un destes grupos de traballo presentará en sesión pública os primeiros resultados das súas análises para contrastalas cos axentes sociais antes de recollelas nun documento final de conclusións. Finalmente, os cinco documentos integraranse nunha publicación coa que se pretende achegar ideas para que a sociedade galega poida repensar o que é e o que quere ser no século XXI.

O Consello da Cultura Galega acolle a sesión inaugural deste foro. Trátase dunha conferencia de Daniel Innerarity, catedrático de Filosofía Política, investigador "Ikerbasque" na Universidade do País Vasco, director do seu Instituto de Gobernanza Democrática e profesor do Instituto Europeo de Florencia, que leva como título “Quen somos nós? A identidade colectiva na globalización”. Con este punto de partida iniciarase un percorrido de diferentes encontros nos que se debaterán cuestións de especial relevo a partir dos eixos identidade cultural galega en tempos de globalización; a identidade, patrimonio cultural e territorio; os medios de comunicación, novas tecnoloxías e identidade; cultura popular, identidade e sociedade civil e, finalmente, crear en galego nun mundo globalizado.
Ficha técnica
Daniel Innerarity <br><i>Quen somos nós? A identidade colectiva na globalización</i></br>
Daniel Innerarity
Quen somos nós? A identidade colectiva na globalización
Conferencia. Mércores, 12 de febreiro de 2020 ás 18:00 horas
Coordinación
Uxío Breogán Diéguez
Dolores Vilavedra
Relator/a
Daniel Innerarity
Organiza
Consello da Cultura Galega
Museo do Pobo Galego

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205