OLLADAS DE MULLER 2020

Ciclo. Olladas de muller

OLLADAS DE MULLER 2020

CGAI-Filmoteca de Galicia - do 3 ao 10 de marzo de 2020
A Coruña
Ciclo
Olladas de muller

OLLADAS DE MULLER 2020

CGAI-Filmoteca de Galicia - do 3 ao 10 de marzo de 2020 A Coruña
Esta nova edición do ciclo que organiza o CGAI-Filmoteca de Galicia en colaboración co Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega con motivo do 8 de marzo céntrase na dupla liña de actuación de anos pasados.
Por unha banda, preséntanse diferentes obras de creadoras galegas, comezando pola película que inaugura esta edición, "Os fillos da vide", de Ana Domínguez, e seguindo con películas como "Esquece Monelos", de Ángeles Huerta, "Arima", de Jaione Camborda ou a curtametraxe "As mulleres co mundo na cabeza", de Encarna Otero Cepeda.
Aproveitándomos a efemérides que nos presta o bicentenario do nacemento da escritora Concepción Arenal, recuperamos "Concepción Arenal, la visitadora de cárceles", produción galega de Zenit Comunicación.
Pola outra, amósanse unha serie de destacados traballos de cineastas portuguesas e francesas. Os destas últimas son particularmente significativos, xa que nos confrontamos coas restauracións das películas máis sobranceiras do colectivo feminista Les Insoumuses, formado por Nadja Ringart, Carole Roussopoulos, Delphine Seyrig e Ioana Wieder: "Maso et Miso Vont en Bateau" (1976), "S.C.U.M. Manifesto 1967" (1976) e "Sois belle et tai-toi"(1976), que dirixiu en solitario a actriz Delphine Seyrig. Da parte portuguesa proxectaranse "Colo", de Teresa Villaverde, un devastador retrato das consecuencias da crise nunha nai e a súa filla adolescente, ata varios traballos da documentalista Salomé Lamas, que o día 6 de marzo ha presentar o seu filme "Extinção" onda o seu libro ExtrACtiOn: the raft of the Medusa (Ed. Estraperlo).
LUGAR
CGAI
Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Tel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271
e-mail: cgai@xunta.gal
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Ciclo.
Olladas de muller
OLLADAS DE MULLER 2020
Cando
CGAI-Filmoteca de Galicia - do 3 ao 10 de marzo de 2020
Onde
A Coruña
Enderezo

CGAI
Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Tel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271
e-mail: cgai@xunta.gal

Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)