mesa redonda:

A Galicia navegante no imaxinario literario

Museo do Mar de Galicia en Vigo, o 26 de marzo de 2020 ás 18:00 horas
Información
ADIADA TEMPORALMENTE
No pasado ano 2019 conmemoramos o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII», instalada no Museo do Mar de Galicia e comisariada por Ofelia Rey Castelao, amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Para entender mellor a importancia das navegacións na nosa literatura, organizouse un faladoiro, coordinado e moderado por Dolores Vilavedra, que abordará a importancia que as navegacións tiveron na nosa Literatura baixo o título de A Galicia navegante no imaxinario literario e nela participarán Marilar Aleixandre, Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Será o xoves, 26 de marzo ás 18:00 horas , no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII» está organizada polo Consello da Cultura Galega e coa colaboración da Xunta de Galicia. Permanecerá aberta no Museo do Mar de Galicia dende o día 7 de febreiro ata o día 12 de abril de 2020.

Máis información sobre a exposición en http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200970
Ficha técnica
A Galicia navegante no imaxinario literario
A Galicia navegante no imaxinario literario
Mesa redonda. Museo do Mar de Galicia en Vigo, o 26 de marzo de 2020 ás 18:00 horas
Coordinación
Dolores Vilavedra
Relator/a
Marilar Aleixandre
Manuel Bragado
Pedro Feijoo
Organiza
Consello da Cultura Galega

Museo do Mar de Galicia
Avenida da Atlántida, 160,
36208, Vigo