Que poden facer as técnicas de análise non destrutiva pola restauración e conservación do Patrimonio?

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Que poden facer as técnicas de análise non destrutiva pola restauración e conservación do Patrimonio?

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

25 e 26 de xaneiro de 2021
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Que poden facer as técnicas de análise non destrutiva pola restauración e conservación do Patrimonio?

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

25 e 26 de xaneiro de 2021 Santiago de Compostela
A restauración-conservación é unha disciplina que foi evolucionando ao abeiro dos avances tecnolóxicos, dende os seus inicios até a actualidade, e na que as novas tecnoloxías revelan detalles moi minuciosos das obras de arte. O desenvolvemento tecnolóxico serve na restauración ao afondar no coñecemento das obras e, así, formular novas estratexias e sistemas de intervención que reverten nunha mellor conservación dos bens culturais e patrimoniais. Hoxe en día non se entende a restauración-conservación do patrimonio sen a realización dunha análise científica previa da obra en cuestión.

As metodoloxías científicas existentes na actualidade son diversas pero moitas adoitan ter un carácter destrutivo que imposibilita o seu uso sobre os bens culturais. A concienciación do carácter destrutivo da toma de mostra impulsou o desenvolvemento de tecnoloxías non destrutivas que evitan este proceso. Dende o simple exame organoléptico até o uso de todo tipo de radiacións do espectro electromagnético para analizar as obras e, ao mesmo tempo, manter a súa integridade e valor cultural, foi un longo camiño que está a dar o seu froito no desenvolvemento de equipos portátiles que permiten ademais realizar os estudos a pé de obra.

A medida cuantitativa da composición química e da cor mediante espectrofotómetro de reflexión e espectroscopia de fluorescencia de raios X portátiles, a medida de humidade a distintas profundidades nas paredes de edificacións mediante sondas de humidade por microondas sen perforación ou a monitorización da colonización biolóxica de superficies mediante fluorómetro portátil son exemplos do uso dalgunhas destas técnicas. O obxectivo deste encontro é mostrar, a través de casos prácticos realizados dentro e fóra de Galicia, a súa clara contribución tanto ao coñecemento e investigación no eido do patrimonio cultural como ao proxecto de conservación-restauración-rehabilitación, e debater arredor desta práctica coas persoas participantes.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O luns 25 de xaneiro subirase a emisión gravada dos relatorios e o martes 26 de xaneiro terá lugar o debate ás 18:00 horas.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Que poden facer as técnicas de análise non destrutiva pola restauración e conservación do Patrimonio?
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Cando
25 e 26 de xaneiro de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Coordinación
Beatriz  Prieto Lamas
Relator/a
Beatriz  Prieto Lamas
Patricia Sanmartín Sánchez
Daniel Vázquez Nion
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)