congreso: Conmemoración do 200 aniversario de Concepción Arenal

CONMEMORACIóN DO 200 ANIVERSARIO DE CONCEPCIóN ARENAL

Concepción Arenal 1820-2020. A conciencia da razón

Facultade de Dereito, Santiago de Compostela, 10 e 11 de setembro de 2020
Información

CHAMADA PARA COMUNICACIÓNS. Prazo límite 15 de maio de 2020


O Consello da Cultura Galega colabora na realización do Congreso "Concepción Arenal 1820-2020. “A conciencia da razón", que terá lugar os días 10 e 11 de setembro de 2020 na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

O Congreso, partindo da conmemoración do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, busca facer unha reflexión sobre a súas facetas máis destacadas tecendo lazos cara ao presente. Dende unha perspectiva interdisciplinaria, o Congreso quere dar cabida a enfoques diversos -xurídicos, sociolóxicos, filosóficos, xornalísticos, literarios, históricos, pedagóxicos, etc.- que estuden tanto a figura da propia Concepción Arenal, como diversos aspectos da súa obra e actividades ou que poñan en relación o seu papel intelectual, como xurista, precursora do feminismo e benfeitora social, con debates científicos sobre os ámbitos aos que ela dedicou a súa vida e que seguen tendo unha proxección actual.
Ficha técnica
Concepción Arenal 1820-2020. A conciencia da razón
Concepción Arenal 1820-2020. A conciencia da razón
Congreso. Facultade de Dereito, Santiago de Compostela, 10 e 11 de setembro de 2020
Facultade de Dereito
Avda Dr. Ángel Echeverri, s/n.
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela