
Os xoves (RE)PENSAMOS
As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditadaMateriais
Publicación
Cultura, sentido e política : O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II
Ramón Máiz Suárez, Compilación. | 2019Ligazóns
Prensa
Ficha técnica

1. Jorge Riechmann e a sustentatibilidade
Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOSRelator/a
Jorge Riechmann
Organiza
Consello da Cultura Galega