2. Victoria Camps: O que debemos facer e o que debemos sentir

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

2. Victoria Camps: O que debemos facer e o que debemos sentir

Os xoves (RE)PENSAMOS

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
A publicación do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), compilados por Ramón Máiz, ofrécenos un novo conxunto de 24 contribucións producidas en distintas actividades organizadas pola Sección de Pensamento do CCG durante os anos 2010-2017 e coas que contribuímos a repensar e a construír a cultura galega do século XXI , en permanente diálogo coas grandes correntes do pensamento actual. Ao fío destas achegas presentamos un ciclo virtual coa escolma dalgúns dos relatorios e os textos aos que deron lugar.
O punto de partida sitúao VICTORIA CAMPS, catedrática de Filosofía da Universitat Autònoma de Barcelona, na valoración das emocións que fan Aristóteles, Spinoza e Hume. Camps reivindica a importancia de que a ética do noso tempo recupere as leccións destes tres filósofos e preste máis atención ao lugar que o sentimento ten nela. «Fixarse nas emocións é tamén un xeito de corrixir a idea, témome que xeneralizada de máis, de que abonda con elaborar códigos morais ou lexislar para as condutas mudaren. Efectivamente, a función dos principios e as normas transformar os comportamentos individuais e sociais, mais esa transformación depende, así mesmo, da vontade, que ha de se acostumar a querer o ben, o cal require unha aprendizaxe e unha formación non só no conecemento de dereitos e principios, senón no de como xestionar e administrar os sentimentos. O «que é o que debemos facer» non pode discorrer á marxe do «que é o que debemos sentir». Mais a apreciación positiva do papel das emocións non pode levarnos a substituír a ética racionalista por unha ética emotivista. Porque iso sería relativizala e subxectivizala, exaltar o sentimento por si mesmo e deixalo que se exprese tal cal é, insiste. Cómpre atender á emoción sen desatender a razón. Non é mala reflexión para os tempos que corren.


O lugar das emocións na política

VICTORIA CAMPS
Catedrática emérita de Filosofía moral e política da Universidade Autónoma de Barcelona
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
2. Victoria Camps: O que debemos facer e o que debemos sentir
Os xoves (RE)PENSAMOS
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Autoría
Victoria Camps
Organiza
Consello da Cultura Galega