Ciclo en liña: Os xoves (RE)PENSAMOS

3. Javier de Lucas e a condición das persoas inmigrantes de RES POLÍTICA

Os xoves (RE)PENSAMOS

As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada. Esta terceira entrega lévanos a Javier de Lucas e a súa defensa da condición das persoas inmigrantes como res política.

Información
A xuízo de Javier de Lucas, do Institut de Drets Humans da Universitat de València, "a constante máis destacable na inmensa maioría dos proxectos de xestión do fenómeno migratorio, nas políticas migratorias e de asilo dos países que somos destinatarios de migracións, é o empeno en esquecer, en ocultar unha verdade evidente: a inevitable dimensión política desas manifestacións de mobilidade humana (inmigrantes e, con maior claridade aínda, refuxiados), a súa condición de res politica, tanto desde o punto de vista estatal como desde as relacións internacionais. Fronte a isto impuxemos unha mirada sectorial, unilateral e a curto prazo que se concreta na construción dunha categoría xurídica de inmigrante que, en realidade, é un concepto demediado ou, como propón Bauman, un paria: o inmigrante é só o traballador necesario nun determinado nicho laboral no mercado de traballo formal (coma se non fose utilizado no mercado clandestino ou informal) e mentres se someta a un estatuto precario guiado pola maximización do beneficio da súa presenza. É unha ferramenta, nin sequera un traballador igual ao asalariado nacional. Por iso a súa condición precaria, parcial, de sospeita". Todo iso acentúase aínda máis no caso dos refuxiados. Créase así un estado de suspensión da orde xurídica, ausencia de lei, desigualdade e exclusión social, que fai posible que mulleres e homes perdan a súa condición de cidadáns, de seres políticos, e a súa identidade, dentro das fronteiras mesmas do Estado-nación.
Desde o punto de vista xurídico e político, Javier de Lucas considera relevante e criticable como, a prol desa mirada, no dereito de migración e asilo se converte en regra a excepción, contravindo principios básicos do Estado de dereito. A ollada do autor póusase en 2016 e cuestiona os anuncios da campaña de Trump a respecto da política migratoria. Hoxe podemos ver algúns dos efectos xa da súa política.

Os refuxiados na era de Trump. Un problema político, non unha crise humanitaria

JAVIER DE LUCAS
Ficha técnica
3. Javier de Lucas e a condición das persoas inmigrantes de <i>RES POLÍTICA</i>
3. Javier de Lucas e a condición das persoas inmigrantes de RES POLÍTICA
Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS
Participante
Javier de Lucas
Ramón Máiz Suárez
Organiza
Consello da Cultura Galega


Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0