As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos.As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada
Tweet “Existe unha memoria do futuro? E en que sentido ten que ver coas formas e as modalidades das construcións identitarias?” PATRIZIA VIOLI procura unha resposta a estas preguntas, sostendo que as identidades se constrúen non só a partir dunha relectura e interpretación do propio pasado, senón tamén, e quizais dun xeito aínda máis constitutivo, desde un proxecto sobre o futuro e desde unha proxección neste da imaxe identitaria que se quere transmitir. Defende a autora que os chamados lugares da memoria, que exteriorizan no espazo a temporalidade da historia pasada constitúen lugares-tópicos cruciais na constitución das identidades colectivas e que a súa análise é unha compoñente esencial para unha semiótica das identidades culturais. Por isto, analiza tres destes lugares nun intento de estimular algunhas reflexións posibles sobre a relación entre espazo, memoria, construcións identitarias. Trátase do Museo Tuol Sleng, dedicado aos crimes do xenocidio de Phnom Penh, en Camboia; o Parque por la Paz Villa Grimaldi, en Chile e o o Salón Memorial de Nanjing polas vítimas do masacre realizado polos xaponeses naquela cidade. “A memoria -defende a italiana- non revisa exclusivamente a reconstrución do noso pasado nin a soa dimensión do presente; a memoria é tamén, e talvez paradoxalmente sobre todo, unha construción prospectiva que mira ao futuro, á imaxe de nós que nese futuro queremos proxectar. A memoria preséntase así, máis ca como rexistro do acontecemento, como un proxecto sobre o que pode acontecer, sobre aquilo que quereriamos que ocorrese, a partir do cal se irá, despois, a reler e a reconstruír o pasado para nos reencontrarmos coas prefiguracións daquela identidade que, en cambio, estamos a reconstruír”.
Lembrar o futuro. Os museos da memoria e o seu rol na construción das identidades culturais
PATRIZIA VIOLI, profesora do Departamento de Filosofía e Comunicación da Universidade de Bologna e responsable científica do Centro de Estudios Semióticos e Cognitivos da Universidade de San Marino
MAÍS INFORMACIÓN As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada. Nesta entrega presentamos a PATRIZIA VIOLI, da Università di Bologna.