Ilustración

Ciclo en liña. Diálogos confinados

Ilustración

DIÁLOGOS CONFINADOS (2)

Luns, 4 de maio de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Nesta segunda entrega de Diálogos confinados, Xermán Hermida, redactor de culturagalega.gal, dialoga con:

Abi Castillo
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e formación en cerámica artística pola EMAO (Escola de Artes e Oficios de Vigo) . Ilustradora dos libros Pioneiras 2, Tres bichicomas, dúas illas e unha serea e Fina a Pirata, realizou varios murais, exposicións e intervencións artísticas, ademais de numerosos traballos de deseño, entre eles a colaboración co grupo INDITEX para o proxecto WOMEN IN ART para ZARA 2019.
Bea Lema
Bea Lema é debuxante de cómics e ilustradora. Actualmente é a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, comeza a súa traxectoria profesional en 2010 traballando para a firma de cerámica Sargadelos. Desde 2013 desenvolve o seu traballo de forma independente, realizando proxectos para o Certame Coreográfico de Madrid, O Salto Galiza, Fuera de Margen, Unitaria, Nave 1839, Bibliotecas Municipais da Coruña ou a Xunta de Galicia. En 2017 recibe o XII premio Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña con O Corpo de Cristo.

Neste encontro debullan a situación do sector da ilustración que, indican, xa viña arrastrando unha gran precariedade e que agora está a sufrir cancelacións e aprazamentos de encargas. Bea Lema destaca unha enquisa realizada pola FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais) en que as socias indican unha capacidade de supervivencia económica de tres meses nestas circunstancias de parón e que a maioría non pode acollerse ás axudas estatais para autónomos polas intermitencias nas altas. O demandado estatuto do artista, o perigo dos contidos gratuítos, a baixada de prezos e a necesidade de reiventarse para poder sobrevivir foron algúns dos outros temas abordados polas ilustradoras.

Ficha técnica
Ciclo en liña.
Diálogos confinados
Ilustración
DIÁLOGOS CONFINADOS (2)
Data
Luns, 4 de maio de 2020
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Modera
Germám Hermida
Relator/a
Abi Castillo
Bea Lema