
Xestión e políticas culturais nos concellos
Retos ante a Covid-19 Ante a crise da Covid-19, o sector cultural foi un dos primeiros en paralizar a súa actividade e, segundo indican todas as previsións, será dos últimos en poder retomala de forma similar a como se viña desenvolvendo ata marzo de 2020. O tempo que isto leve é a grande incógnita, pero tamén como serán os pasos graduais que se deban transitar neste camiño. Froito das incertezas do momento, os distintos sectores e disciplinas culturais teñen activado espazos de xeración de ideas, e sobre todo de demanda de medidas urxentes ante as administracións central e autonómica. Con todo, resultará esencial o papel da acción cultural municipal, pública e de proximidade, para o futuro do sempre fráxil sector cultural privado e social, tanto profesional como amador. E o máis importante, para garantir o dereito de acceso á cultura para a cidadanía. Urxe, polo tanto, abrir espazos públicos de reflexión neste ámbito, onde poder compartir os retos, ferramentas e posibles estratexias que poden activarse a curto, medio e longo prazo. Con este obxectivo, o Consello da Cultura Galega promove este ciclo articulado arredor de tres encontros en liña, coordinados por Sergio Lago, con canles abertas á participación e coa posterior publicación das principais ideas que xurdan neste proceso.Prensa
Ficha técnica

REFLEXIÓNS INSPIRADORAS
Ciclo en liña. 28 de maio de 2020Coordinación
Sergio Lago
Relator/a
Mª Camino Barcenilla Tirapu
Marián Fernández
Pau Rausell
Organiza
Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais (CCG)
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205