Galerismo e mercado da arte

Diálogos confinados

Galerismo e mercado da arte

Diálogos confinados (4)

Luns, 18 de maio de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Nesta cuarta entrega de Diálogos confinados, Rosario Sarmiento, xestora cultural, comisaria de exposicións e integrante da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG, dialoga con:

Víctor Montenegro
Director dende 1987 da Galería Montenegro en Vigo e durante quince anos foi presidente da Asociación de Anticuarios de Galicia
Asunta Rodríguez
Académica de Número da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e directora da galería Trinta de Santiago dende 1993.

Neste encontro sobre o galerismo e do mercado da arte dialogan dous profesionais cunha ampla experiencia en exposicións e feiras internacionais da arte. Puxéronse enriba da mesa cuestións relevantes para o mercado da arte internacional como son o incremento da venda online (que xa viña en ascenso cun incremento entre 2013 e 2018 de 1.500 a 4.000 millóns en vendas), a cancelación de grandes feiras e exposicións e a constatación de que Internet pode ser un aliado nas vendas pero non substituirá o pracer do goce presencial da arte. Os dous galeristas coinciden ademais en que a dedución do ive cultural e unha boa lei do mecenado que conte co sector son as axudas necesarias para saír deste momento crítico de consecuencias aínda incertas e que require unha valoración do seu impacto a máis longo prazo.

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
Esta serie de entregas audiovisuais, a modo de pílulas culturais, ten por obxectivo tomarlle o pulso á cultura galega nesta situación de parálise provocada pola COVID-19.
Diferentes voces dos múltiples ámbitos que abrangue o complexo sector cultural achegarannos as súas percepcións sobre a realidade que están a vivir mediante breves diálogos moderados por persoas vinculadas ao Consello da Cultura Galega. Coñeceremos así tamén as súas expectativas de futuro a curto e medio prazo e mais que medidas cren necesario adoptar para paliar os estragos que está a causar no mundo da cultura. O obxectivo é tecermos unha radiografía polifónica da cultura confinada desde Galicia, coas súas perspectivas e demandas para un futuro inmediato.
Con esta aposta, xunto cos informes que está a realizar do xeito continuo o Observatorio da Cultura Galega e co traballo xornalístico do seu portal de divulgación cultural culturagalega.gal, o Consello da Cultura Galega quérese facer eco da preocupación do mundo da cultura e contribuír a sumar propostas que enriquezan o debate sobre o futuro dun sector, o cultural, que se demostrou esencial para as nosas vidas.
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Diálogos confinados
Galerismo e mercado da arte
Diálogos confinados (4)
Cando
Luns, 18 de maio de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Participante
Víctor Montenegro
Asunta Rodríguez
Rosario Sarmiento Escalona