9. Javier Moscoso: Historia cultural da ambición

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

9. Javier Moscoso: Historia cultural da ambición

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
«Para xulgar un home —escribía Balzac—, hai que estar polo menos no secreto do seu pensamento, das súas desditas, das súas emocións: non querer coñecer da súa vida máis ca os acontecementos materiais é facer cronoloxía, a historia dos necios». No presente artigo Javier Moscoso, do Instituto de Historia do CSIC, ofrécenos un pequeno capítulo da historia xeral das paixóns humanas. Subliña a significación cultural da ambición a comezos do século XIX e chama a atención sobre algúns dos tratamentos, xa fosen físicos ou morais, explícita ou implicitamente empregados para combater as paixóns vehementes. Isto lévao a examinar algúns dos remedios utilizados nos asilos e institucións de saúde mental, mais tamén noutros moitos contextos. Así, e posto que a ambición se atopaba no centro do debate político e dos acontecementos recentes, a Restauración francesa produciu un número moi importante de tratados sobre hixiene e saúde pública que incluían, con frecuencia, recomendacións para evitar, regular ou restrinxir os estados e paixóns inmoderados. Desde tratados de hixiene militar ata guías de turismo, o autor explica non só as formas culturais en que algunhas mudanzas do corpo poden sentirse, expresarse, reprimirse ou conceptualizarse, senón tamén o xeito en que o estudo desas mesmas emocións e paixóns humanas deita luz sobre fenómenos culturais máis amplos.



Historia cultural da ambición: políticos e tolos nos inicios do mundo contemporáneo

JAVIER MOSCOSO, Instituto de Historia do CSIC
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
9. Javier Moscoso: Historia cultural da ambición
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Relator/a
Javier Moscoso
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)